D. ROY KENNEDY PUBLIC SCHOOL


A escola pública D. Roy Kennedy abarca dende preescolar ata o grado 8, o que aquí en Canadá se coñece como Elementary School. A escola está ubicada xusto ao oeste do centro da cidade de Ottawa e está representado por moitas culturas e linguas: árabe, cantonés, farsi, coreano, mandarín, somalí, ruso e vietnamita.

DRK ten unha matrícula de 330 estudantes:

  • 180 no programa regular de inglés.
  • 150 no programa de inmersión de francés medio.

O programa educativo se divide da seguinte forma:

  • 8 clases de Inglés regular (francés como segunda lingua) dende grado 1 a grado 8.
  • 6 clases de inmersión en francés medio (inglés como segunda lingua) a partir de grado 4.

O centro dispón das seguintes instalacións:

  • duas plantas: na planta baixa se sitúa Kindergarden (educación infantil), as aulas de 1º ata 4º/5º, unha sala de profesores, oficinas e servizos administrativos, biblioteca e ximnasios. Na primeira planta se sitúa o resto de aulas e despachos, aula de informática e de música e outra sala de profesores.
  • amplísimo patio descuberto con moitísima zona verde: dous campos de herba natural de futbol-sala, un campo de voley-praia, varios campo de baloncesto, un patio de xogo para Kindergarden (infantil e 1º e 2º grado) e un parking para bicicletas.
  • dous ximnasios polideportivos dentro do edificio (co chan de parquét e aire acondicionado).
  • unha biblioteca amplísima cunha mestra dedicada a tempo completa a súa xestión.
  • un aula de música completamente equipada con instrumentos de viento, percusión,...
  • un aula de informática.
  • duas aulas vacias onde realizar educación física cando as condicións metereolóxicas impidan sair ao exterior (unha en cada planta). O feito de ter Educación Física todos os días implica que coincidan moitas veces tres grupos á vez.
  • un aula móbil dixital con ordenadores portátiles Chromebooks. Os maiores de 8º grado traballan cos ordenadores de xeito habitual.


Máis información na súa páxina web: