A MIÑA FAMILIA CANADIENSE


A miña familia de acollida non é unha familia canadiense ao uso. Enna Green, a miña "nai" canadiense é xamaicana e vive soa nunha casa bastante grande de 4 habitacións. As tres primeiras semanas vivíamos un estudante chines, Lee, eu e Enna. A última semana incorporouse un estudante de Arabia Saudí.

Enna é unha muller moi traballadora xa que é perruqueira e ten a local no sotano da casa. Non ten horario nin tampouco días libres o cal fixo que non me ensinará nada de Ottawa nin tampouco ningunha tradición canadiense típica coma o Thanksgiving, o día de Acción de Grazas, que se celebrou o luns 9 de outubro.

Quizais sexa a parte da miña experiencia en Canadá que menos disfrutei xa que me perdín moitas cousas que o resto dos mestres e mestras que participaron no programa sí que poideron disfrutar: celebracións tradicionais, vísitas a sitios non tan turísticos, festas familiares,...