DES-CONTAMINACIÓN
Dado o coñecemento da información máis importante e imprescindible sobre o cambio climático, decidimos elaborar unha curtametraxe representando aquelas accións humanas máis comúns que deberían ser eliminadas e, polo contra, algúns actos a realizar en oposición ás malas costumes adquiridas.
Deste xeito, non pretendemos outra cousa que concienciar ós/ás máis cativos/as desas accións tan repetitivas no día a día que deben de ser reducidas e/ou eliminadas para reducir, ó mesmo tempo, a gran problemática do cambio climático.