Para realizar este proxecto decidimos crear unha páxina web dado que é un recurso que pode dar maior visibilidade ó tema seleccionado, pois unha web pode ser empregada en calquera situación e, polo tanto, sempre disporá dos acontecementos máis actuais.
Así mesmo, ademais de ser un recurso funcional, o feito de inserir imaxes, xogos, vídeos, programas, entre outros moitos, provoca maior atención, interese e curiosidade no/a lector/a, provocando así que coñeza todo o preciso acerca do tema proposto grazas ó entretemento provocado.
Pois ben, outro dos motivos, pero non menos importante, polo que nos decantamos por unha web foi o feito de ser un recurso de innovación para algunhas de nós pois, ademais de ofrecernos a oportunidade de indagar nela, poder ser de gran utilidade para un futuro próximo.
Non obstante, cabe destacar que todo o elaborado ata agora foi sempre pensando nos/as nenos/as, adaptandoo da mellor forma posible para que tiveran unha maior aprendizaxe e, vendoo dende a súa perspectiva, concienciándoos sobre a grave situación causada pola temática, contribuíndo así a que se xere un gran cambio.
Para a realización da web decantámonos por elixir a temática do cambio climático xa que este é un tema importante na actualidade que coida especial interese a nivel político, social e, sobre todo, a nivel ambiental. Deste xeito, traballando esta temática, o/a docente poderá fomentar o desenvolvemento de diversos coñecementos e competencias relacionadas co ámbito científico e a natureza.
Non obstante, cabe destacar, que no ámbito educativo, este tema é abarcado tanto nas Ciencias Naturais como nas Ciencias Sociais, funcionando así como un tema multidisciplinar. Así mesmo, dado a súa relación coa vida cotiá do alumnado, a elaboración de actividades prácticas resulta máis doada e, xérase así unha participación activa nos/as cativos/as que aumenta as súas responsabilidades.
En conclusión, esta temática pode chegar a ter unha repercusión moi significativa no alumnado.