Coa elaboración desta web informativa, ademais de fomentar a práctica no uso das novas tecnoloxías, démonos conta da gran importancia que teñen estas hoxe en día, pois poden chegar a ser de gran axuda para un gran colectivo de persoas. Así mesmo, serven como un recurso efectivo e ameno para o proceso de ensinanza-aprendizaxe polo que o alumnado debe pasar para adquirir unhas competencias requeridas.
Deste xeito, grazas a esta actividade, considerámonos relativamente expertas na gran problemática do cambio climático, polo que dado o noso coñecemneto xa podemos comezar a reducila e, coidamos que vós tamén nos axudedes.