O plan lector do centro ten como finalidade fomentar o hábito lector do alumnado, mellorar a comprensión lectora e integrar a lectura nas diferentes áreas do currículo.
Desenvólvese a través de diferentes actuacións adaptadas ás etapas lectoras e ás necesidades do alumnado, en coordinación co profesorado e coa biblioteca escolar.
O alumnado avanza progresivamente por estas etapas, desenvolvendo a súa competencia lectora.
Son os nenos e nenas que aínda non saben ler de maneira convencional, pero están en proceso de iniciarse na lectura e na escritura.
Son aqueles nenos e nenas que xa dominan a decodificación lectora (é dicir, saben ler palabras e frases con fluidez) e son quen de ler e comprender textos por si mesmos.
Trátase de lectores que superan o nivel funcional básico de lectura e amosan unha alta competencia lectora, tanto na comprensión literal como na inferencial e crítica.
Dende outubro do curso 2024-25 estreamos o Bibliopatio nos recreos! É un carriño viaxeiro que contén libros, cómics e xogos para todo o alumnado e que está xestionado polos Biblioaxudantes de 5º e 6º. Tivo moi boa acollida, desfrutamos das lecturas e xogos co bo tempo e dinamizamos o noso patio!
Durante a Semana do Libro realizáronse diferentes actividades de dinamización lectora. O alumnado participou en “Lerflix”, creando recomendacións de libros en formato audiovisual e físico.
Tamén se levou a cabo un intercambio de libros no centro e habilitáronse espazos de lectura no patio (bibliopatio), xunto con exposicións relacionadas cos ODS.
A participación foi moi alta e observouse maior interese pola lectura, así como un aumento no uso da biblioteca. As actividades favoreceron a motivación lectora e o desenvolvemento de habilidades comunicativas e dixitais.