Reportaxe do fotógrafo Darío Oliva, alumno do Rafael Dieste de 3º da ESO
Feira científica organizada e promovida polo concello da Coruña en colaboración coa Domus.
Creación audiovisual en colaboración con Aquí Tamén Se Fala.
Visitamos co alumnado as instalacións da planta potabilizadora da Telva para aprendermos sobre o proceso de tratamento da auga desde o río Mero até as billas de milleiros de fogares da cidade da Coruña e arredores. Traballo de campo e de laboratorio.
Iván Méndez, investigador do Grupo Illa da UdC e experto en toponimia, comparte o seu coñecemento para abrirnos os ollos e dar a coñecer que por tras dun topónimo hai sempre unha historia, unha lenda ou mesmo unha alerta popular. Da man do tamén filólogo e músico Xurxo Souto, con carisma, vocación, paixón, vehemencia e arroutada pangalaica, visitamos a nosa contorna para enchérmonos de orgullo por formarmos parte da historia do Peruleiro e da Agra do Orzán.