A arqueda dos frades é a fonte máis próxima ao noso IES e, debido a construcción das vivendas en San Pedro de Visma, está en perigo de desaparecer. Nós querémola coidar.
Todos temos moito conto. Pasamos o día rodeados de historias, escoitando relatos e creando incluso os nosos propios contos: o audio de whatsapp que lle mandas a tal persoa narrando como foi o fin de semana non deixa de ser un relato, con inicio, nó e desenlace, incluso con chamadas de atención (“Non vas crer o que me pasou!”) e, ás veces, até modificando, ehem, parte da historia... Estamos enganchados ao contos, aínda que non o creas: as tres temporadas desa serie que papaches en dous días non son máis que historias tras historias, unha tras outra... E mesmo o directo de twitch do teu influencer de cabeceira non deixa de ser un guión contado por alguén...
A nosa é a cultura a do conto: recorremos a eles para lle atopar sentido ao noso mundo, incluso ás cousas que nos rodean teñen que ter unha historia detrás. Os que se dedican á toponimia é o que fan: contárennos contos sobre os nomes de lugar. Faise recorrendo a datos históricos ou probas e, cando non os hai, a teorías e hipóteses para atopar a súa orixe. Porén, non inventaron nada: a nosa sociedade leva creando historias sobre os topónimos desde hai séculos para darlle significado ao lugar que habitamos.
Talvez penses que non coñeces ningunha desas lendas populares sobre os topónimos... Seguro? Non escoitaches nunca que debaixo da Torre de Hércules está a cabeza do xigante Xerión cortada polo propio Hércules? A historia está tan difundida que o escudo da nosa cidade representa ese mesmo conto! Seguro que tamén che soa que Compostela é un campo de estrelas, ou non?
Hai millóns de historias en todo o mundo que inventou a xente para explicar os topónimos: desde grandes nomes, como o da Coruña, a obxectos moi concretos. Un deses obxectos que conta con historia propia é A Arqueta dos Frades... Ou teríamos que dicir A Arqueta dos Romanos?
Tanto dunha forma ou doutra, A Arqueta dos Frades ou A Arqueta dos Romanos, é como se coñece unha pequena construción situada nas proximidades do antigo lugar da Gramela. O que cambia son os protagonistas do relato: segundo as historias que contaba até hai pouco a veciñanza da zona, esta construción funcionaba como un spá, aquí viñan tomar os baños un monxes ou, máis antigamente, os romanos, segundo fose un ou outro o nome.
A historia buscaba darlle un pasado mítico e explicar este obxecto que, na realidade, tiña unha función moito máis sinxela. Non, non era un balneario, era unha especie de pozo que recollía as augas que procedían montaña arriba, do lugar do Barral e ao pé do Montalbo, o monte situado máis ao norte. E non, non fora construído polos romanos, senón moito máis preto dos nosos días: ergueuse haberá uns tres séculos nun terreo que era duns monxes, ou sexa, os frades Xesuítas que tiñan un colexio onde a rúa de Santo Agostiño na Coruña. De aí que se coñeza como A Arqueta dos Frades.
Agora xa sabes as historias, a real e as inventadas. Depende de ti contalas e que se sigan contando dentro de tres séculos. Oxalá a A Arqueta dos Frades siga aí tamén.
Iván Méndez. Experto en toponimia.
Situada no Barrio de Eirís.
"Pese a tratarse de una elemento hecho a base de piedra, alguien ha decidido que sería buena idea llenarla de cemento. Representantes de los tres barrios han lanzado mensajes de alerta a través de las redes sociales y diferentes grupos de mensajería en internet para intentar dar con el protagonista de un acto que consideran vandálico" El Ideal Gallego