Premio Imaxina ao Compromiso Social (2025)
Premio Imaxina ao Compromiso Social (2025)
A Coruña é, como dixo a poeta, cidade tatuada na pétrea pel do mar. Como un barco no centro do océano rodeado pola auga toda. Mais, como chega até nós a auga doce?
Canalizacións como unha praia de vías traen a auga potable e desdebuxan, ao tempo, a memoria das fontes.
O IESP Rafael Dieste, comprometido, preocupado e fondamente consciente, quere por en valor os recursos naturais e o patrimonio de noso. Así nace o proxecto: Amor de auga lixeira, baixo un título que bebe da fonte poética de Álvaro Cunqueiro e que tomamos como himno grazas ao torrente creador de Amancio Prada, e a interpretación musical que fixo para nós.
A auga da cidade ten moito que contarnos, dende o que se ve até o que non.
O alumnado do IESP Rafael Dieste grava no 2025 no Teatro Colón a voz de Amancio Prada entoando os versos que dan nome a este proxecto.
Colaboración con: 'Aquí tamén se fala'