"ASOCIACIÓN VECIÑAL, DEPORTIVA, CULTURAL E RECREATIVA DE CASTRO E LAXE”
Rúa Regueiro 70, Vilaboa-Culleredo, 15174 NIF: G24760894
Tlf. 681191315 asoc.castroelaxe@gmail.com
Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña o 24-10-2025, co Nº 2025/27909-1; e no do Concello de Culleredo o 15-12-2025, co Nº 193
Acabamos de botar andar esta nosa Asociación. Constituímos un amplo núcleo semirrural que ten a orixe en dúas “aldeas”, Castro e Laxe, con forte tradición histórica asociada á igrexa románica inicial da parroquia de Sta. María de Rutis e ao cemiterio . O “progreso” foi traendo ao entorno urbanizacións de chalés e importantes vías de comunicación (AP-9, AC-14) que fan da nosa zona un lugar desexable para vivir, próximo a núcleos urbanos importantes.
Este expansionismo, en zonas de camiños iniciais estreitos, en moitos casos con casas pegadas a pé de rúa, crea problemas circulatorios co aumento de poboación e polos accesos sen acabar de facer á 3ª Ronda. O previsto aumento de carriles da AP9 tamén nos afectaría de cheo; cómpre o asociacionismo veciñal, para velar que as cousas se fagan de xeito razoable, sen perder a idiosincrasia dos nosos pobos e o respecto polo medio ambiente.
O Local cedido polo Concello, libre de barreiras arquitectónicas, consta de parque infantil, pista polideportiva cuberta, espazo libre e de aparcamento. Está sendo usado nalgún momento para actividades municipais anuais e veciñais puntuais; pretendemos lograr que sexa de novo un importante espazo de encontro, disfrute e dinamización veciñal.
Segundo se recolle nos nosos Estatutos, son fins principais da Asociación:
a) Defender os dereitos e intereses lexítimos dos veciños fronte a calquera Institución pública ou privada.
b) Promover todo tipo de actuacións dirixidas a manter e mellorar a calidade de vida, a cultura ou a convivencia dos veciños.
c) Defender o entorno común e o medio ambiente do noso pobo.
d) Promover e fomentar todo tipo de programas e actividades culturais, sociais, ambientais é deportivas.
e) Promover e desenvolver todo o relacionado coa nosa cultura e as nosas raíces.
f) Promover e desenvolver festexos, feiras, formacións, cursos, deportes, reunións, … .
Para levalos a cabo, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:
a) Dinamización dun espazo de encontro. A asociación contará cun local, que ademais de ser o seu domicilio social tamén sirva de oficina da mesma, de lugar de reunión dos socios e de lugar destinado á práctica das distintas actividades, tanto sociais, como culturais, recreativas ou deportivas.
b) Organización de actividades lúdicas, artísticas, deportivas, culturais, sociais-formativas, entre as que se inclúa a organización de cursos, seminarios, conferencias e outros actos análogos.
c) Axudar para a solución dos problemas veciñais.
Temos previsto organizar, ou colaborar tamén con outras entidades no desenvolvemento de actividades lúdicas, artísticas, deportivas, culturais, sociais-formativas, ... entre as que se inclúa a organización de cursos, seminarios, conferencias e outros actos análogos que dinamicen a comunicación entre colectivos e axuden na resolución de posibles problemas veciñais.
Obxectivos inmediatos que se perseguen:
Axilizar a posta en marcha desta Asociación e realización de actividades diversas cos asociados e o entorno en xeral.
Unión e defensa do patrimonio cultural, histórico e natural.
Respecto dos nosos dereitos cidadáns .
Coñecemento e difusión do noso entorno natural, da nosa cultura e a nosa historia .
Promoción de vida sa.
XUNTA DIRECTIVA
Segundo consta na ACTA FUNDACIONAL do 23-9-2025
Presidente: MARCOS MÉNDEZ RÍO
Vicepresidente: ALBERTO VEIRA BALDOMIR
Secretaria: Mª CARMEN OTERO SÁNCHEZ
Tesoureiro: JUAN BALTASAR CARBÓN CASTELO
Vogais: MARÍA AMOR BLANCO, JUAN MANUEL AMOR IGLESIAS, JUAN CARLOS DÍAZ RODRÍGUEZ, ASCENSIÓN DIÉGUEZ DA FONSECA, DOMINGO LAMELA SIMIL, JULIA OTERO SÁNCHEZ, NOELIA PEDROSA GALÁN, MANUEL SOTO LOURIDO, Mª CARMEN TELLA COTELO