"ASOCIACIÓN VECIÑAL, DEPORTIVA, CULTURAL E RECREATIVA DE CASTRO E LAXE”
Todos os venres non festivos, estaremos no Local á vosa disposición de 5 a 7 da tarde, excepto no mes de agosto
Todos os venres non festivos, estaremos no Local á vosa disposición de 5 a 7 da tarde, excepto no mes de agosto
Comunicarvos que en outubro, cada unha na súa data específica, poñeranse en marcha as actividades programadas para este curso, agás a de CLUB DE LABORES, que lamentablemente non xuntou grupo mínimo.
Se sabedes dalgunha persoa máis que poida estar interesada nesta actividade, avisádea que se poña en contacto con nós, por ver de iniciala o antes posible.
Anímate a participar nalgunha das actividades que propoñemos para este curso no noso Local, ou deixar suxestións dalgunha outra que te poida interesar.
Prazo de Preinscrición ata 21/9, para comezar en Outubro
Os prezos andan sobre os 20€/mes/persoa/actividade. Poñeranse en marcha se reunimos grupo mínimo en cada unha delas. Confirmaríamos individualmente aos interesados a viabilidade e a data concreta de inicio.
É requisito ser ou facerse socio/a. Podes inscribirte cubrindo o formulario que aparece a continuación ou persoalmente no noso Local, os venres de 17 a 19h
(Difunde a quen-es vexas que lles poida interesar)
Saíron publicadas as Actividades Municipais, Culturais e Deportivas para o curso 2026/2027
O prazo de preinscrición vai do 3 ao 11 de setembro
Ola a tod@s!
As festas do pobo están xa á volta, e para ir entrando en escena, programamos para a tarde do xoves 27 de agosto, este obradoiro sobre "Os Horreos".
Faremos unha visita previa a uns cuantos que temos pola zona e logo no Local Social, entre todos, recolleremos/inventaremos vivencias, historias, debuxos, ..., en torno a eles.
Co ánimo de manter viva a nosa historia, contamos que sexa unha entrañable e bonita xornada.
Difunde e Participa!
O acto, resultou verdadeiramente emocionante e agradable para todos; algunha cantiga espontánea e o son dunha gaita, contribuíron a darlle calor á húmida xornada.
Agradecer de corazón a vosa presencia e implicación!
https://www.casadevelazquez.org/es/residentes-y-alumni/2025-2026/jacques-marie-ligot
jacquesmarieligot@gmail.com
Para o próximo domingo 19 de xullo, convocámosvos a unha "Sesión Vermú" con música
no Local da Asociación, aberta a toda a veciñanza.
*Coa chegada de España á final do Mundial de fútbol, habilitamos unha gran pantalla para prolongar
na noite deste día a xornada festiva, e poder compartir xuntos a emoción do encontro España-Arxentina.
Correde a voz, imos disfrutala!
Nunca sabes onde e cando alguén pode precisar da túa axuda, de forma inmediata!
O próximo mércores 15 de xullo, ás 19:00h, teremos no Centro Social de Castro e Laxe un taller de "Primeiros Auxilios", impartido por ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias); so para persoas asociadas.
Agradecemos de antemán todo o que fan por nós!
Neste mes de xuño, finalizan as actividades que se viñan desenvolvendo no Local Social.
De cara á próxima temporada, farase unha sondaxe de intereses e, de acordo co Concello, veremos de ofrecer unha nova e variada oferta.
Acércase o verán e con el, a cerimonia ancestral que lle serve de benvida, coas lumeradas e o ramo de San Xoán. Partindo desta idea, organizamos unha nova Andaina para o sábado 20 de xuño, con ánimo de coñecer e apañar herbas para o ramo de San Xoán. Animádevos a difundir e participar!
Vémonos!!
15-6-26. Adxuntamos un dossier que enviamos esta semana ao Concello, coas demandas e propostas veciñais recollidas ata o momento nesta Asociación.
Nos próximos días, repartiremos polas caixas de correos do pobo unha Carta de Presentación, para seguir avanzando na captación de ideas e colaboracións.
Anunciarvos que o próximo 7 de xuño, celebrarase na nosa polideportiva un:
MERCADO ARTESÁN E DE SEGUNDA MAN
Contará con postos de gran variedade temática e
*obradoiros na tarde, de elaboración de velas con cera de abella e de pulseiras.
*Para apuntarse nestes obradoiros, deberedes acudir ao posto de "Devalo Mel".
Serán na tarde deste día, de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00, cun custo de 6€/persoa.
Teremos a barra aberta todo o día, e música de fondo nos horarios sinalados no cartel.
Alí nos vemos!!
17 DE MAIO DE 2026
Saúdos pracenteiros a tod@s, neste día grande da nosa Lingua, das nosas Letras, da nosa Terra!!
https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Manuel María
ACTUALIZACIÓN DE ACTIVIDADES
Dicirvos que, moi ao noso pesar, tivemos que anular a Romaría das Letras que vos anunciaramos para o día 16; con tan pouco tempo, non demos conseguido grupos de folclore que animaran a tarde. A idea non queda descartada para outra ocasión, pois temos todo o ano para homenaxear as nosas Letras e á persoa conmemorada: Begoña Caamaño.
O que si segue en pé, é o Mercado de Artesanía e segunda man, para o 7 de xuño, na nosa Pista Polideportiva.
No cadro adxunto presentamos as actividades que se están levando a cabo no Local, e que inclúen 3 novas que se inician esta 1ª semana de maio:
- Iniciación ao Boxeo
- Pandeireta e Canto Tradicional
- Club de Labores
As dúas últimas non tiveron difusión ata o de agora, porque aínda se acabaron de organizar nestes días e botan a andar cun grupo mínimo. Nas horas propias das actividades, podedes pasar a informarvos directamente das dinámicas.
Se tedes a ben, participade e difundide! Os venres non festivos, de 5 a 7, algúns de nós estaremos no Local encantados de contar coa vosa presencia, para recoller as vosas inquedanzas, intereses e disfrutar da vosa compañía!
Estamos a organizar a 1ª Romaría das Letras para o sábado 16 de maio e un Mercado de Artesanía e 2ª Man, para o domingo 7 de xuño, en torno á festividade das LETRAS GALEGAS, que este ano homenaxea á escritora BEGOÑA CAAMAÑO.
En nada vos daremos información máis detallada, reservade estes días para compartir entre todos unha bonita xornada!
Este mércores 29 de abril, ás 6:30, teremos no local unha sesión gratuíta de canto tradicional e pandeireta por ver de formar grupo que teña continuidade na actividade, cubriría niveis de iniciación ou avanzado. De haber demanda, poderíanse formar 2 grupos e adaptaríanse as horas; a idea é ter 1 sesión semanal de hora e media. Animádevos a probar!!
A partir de maio, poñerase en marcha no Local Social esta nova actividade de Iniciación ao Boxeo
Ola a tod@s!
Comentarvos que a partir deste 10 de abril,
estaremos no local todos os venres non festivos, en horario de 5 a 7
A partir da sondaxe de intereses feita en Entroido
trataremos de ir poñendo en marcha novas actividades desde o Local Social
Este xoves comeza "Encaixe de Bolillos"
En breve anunciaremos a data das próximas andainas pola zona!
"TOD@S CON CARMIÑA"
Sábado 21 de marzo, Xornada Solidaria na pista polideportiva do Local Social
Castro-Laxe, un pobo unido!
AGRADÉCESE DIFUSIÓN E PARTICIPACIÓN!
Para @s que vaiades á Xornada Solidaria, a entrada son 10€; os menores de balde.
Xantares, barra, mercadiño, rifas, ..., págase á parte; haberá inchables para os nenos!
TODO O QUE SE RECADE ALÍ, E A TRAVÉS DO BANCO, SERÁ PARA CARMIÑA!
COMUNICADO SOLIDARIO
28-2-26. Desde a AVDCR CastroeLaxe, comunicarvos que despois de estar todo o día de onte falando coa familia e amigos que tiveron a desgraza de perder casa e enseres no incendio de Castro, consentiron en que organizaramos eventos solidarios para conseguir axudarlles dalgún xeito.
Calqueira aportación será benvida e agradecida! Máis noticias en breve!
POR UN POBO UNIDO CON CARMIÑA!!
O próximo domingo 15 de febreiro, convidámoste a celebrar o ENTROIDO con nós no local da Asociación.
Animádevos, vide disfrazados, grandes e pequenos disfrutaremos xuntos desta festa tradicional!
Comezaremos ás 17h, haberá Obradoiros Creativos, animación infantil, música e chocolate con churros!
AVDCR Castro e Laxe / Concello de Culleredo
Animádevos a participar nesta Foliada
que promove a Asociación Ancoradoira para acercarnos ao Entroido.
Entrada libre e de balde
Vémonos no local o día 31-1-26
e disfrutaremos xuntos do noso folclore!!
https://ancoradoira.gal/horadio-dos-cursos-25-26/
NADAL 2025