Este sitio web utiliza cookies para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenido personalizado. Para ello, necesitamos tu consentimiento para recopilar datos anonimizados de tu visita, que nos ayudan a entender el uso de la web y personalizar ofertas y publicidad. Mas info
“ASOCIACIÓN VECIÑAL, DEPORTIVA, CULTURAL E RECREATIVA DE CASTRO E LAXE”, NIF: G24760894, con domicilio en Rúa Regueiro 70, CP 15174- Culleredo; inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña o 24-10-2025, conº 2025/27909-1 e no Rexistro do Concello de Culleredo o 15-12-2025 , co Nº: 193
Acabamos de botar andar esta nosa Asociación. Durante cerca de 15 anos, estivo en funcionamento outra Asociación veciñal que usou o mesmo local municipal e dinamizou moito a zona con múltiples actividades. Disolveuse despois da pandemia, deixando un baleiro importante como punto de encontro intra e intercomunitario.
Constituímos un amplo núcleo semirrural que ten a orixe en dúas “aldeas”, Castro e Laxe, con forte tradición histórica asociada á igresa románica inicial da parroquia de Sta. María de Rutis e ao cemiterio . O “progreso” foi traendo ao entorno urbanizacións de chalés e importantes vías de comunicación (AP-9, AC-14) que fan da nosa zona un lugar desexable para vivir, próximo a núcleos urbanos importantes.
Este expansionismo, en zonas de camiños iniciais estreitos, en moitos casos con casas pegadas a pé de rúa, crea problemas circulatorios co aumento de poboación e polos accesos sen acabar de facer á 3ª Ronda. O previsto aumento de carriles da AP9 tamén nos afectaría de cheo. Cómpre o asociacionismo veciñal, para velar que as cousas se fagan de xeito razoable, sen perder a idiosincrasia dos nosos pobos e o respecto polo medio ambiente.