Portas abertas
extraescolares

INVITACIÓN ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CEIP PRAZA DE BARCELOS DO 3 AO 7 DE OUTUBRO DE 2022

Dende a ANPA do Colexio CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos queremos convidar ó alumnado da escola a participar nunha sesión gratuíta das actividades extraescolares que organizamos xunto as empresas Anias, CAB Pontevedra e Alberto Guimeráns. No cadro de abaixo veredes os horarios e días indicados das actividades de portas abertas, podendo asistir a tantas actividades como a rapazada quera ao longo da semana do 3 ao 7 de outubro. As actividades que non se inclúen no cadro ou están cheas ou foron canceladas por non chegar ás inscricións mínimas. 

Para participar só tendes que chamar ou enviar un whatsapp a calquera destes números: 685 535 202/ 649 346 457 indicando o colexio, nome completo e a actividade ou actividades nas que quere participar; así como o nome da  persoa que recolle ao menor á saída e teléfono de contacto.

Posteriormente, se queren facer unha inscripción nunha ou máis destas actividades para comezar no mes de outubro, será necesario solicitar e entregar unha folla de inscricion. 

Para Robótica, Predeportivas, Informática e Cociña creativa, tedes que rellenar esta folla de inscrición e entregala na oficina de Anias (rúa Echegaray 39, baixo) ou no correo electrónico a extraescolares@anias.es

Para o Baloncesto tedes que facer o rexistro neste formulario e ingresar na conta da ANPA O Galo a cuota cada mes.

Para o Judo tedes que facer o rexistro neste formulario.