Curso 2023-2024

QUENES SOMOS?

A ANPA O Galo quere darvos a benvida a este novo curso 2023/2024 e informarvos das actividades que desenvolve e de cómo podedes asociarvos e participar. Somos unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais de alumnos do centro, e o noso obxectivo é contribuir á mellora da educación das nosas fillas e fillos. Todo o que facemos é grazas á aportación dos socios e das persoas que se animan a botar unha man, así que cantas máis familias socias sexamos, máis e mellores cousas poderemos facer en beneficio das nosas nenas e nenos. Ademáis os socios poden beneficiarse de descontos nas actividades extraescolares, en diversos comercios que colaboran con nós, así como entrar de balde ou con prezos especiais en festivais e outras actividades que esperamos poidamos organizar o antes posible.

ACTIVIDADES

Dende a ANPA O Galo, ademáis de servizos estructuráis como o Comedor, Plan Madruga e actividades extraescolares, tambén promovemos a celebración de talleres, visitas culturais, excursión e os festivais en conxunto co centro. 

Tamén temos o rol de interlocutores ante as administracións e o centro educativo, e tratamos de canalizar os proxectos, solicitudes e inquedanzas de nais e pais ante os mesmos.

ASÓCIATE E PARTICIPA

Só tes que: 

1 - Rexistrarte neste formulario

2 - Facer o ingreso na conta bancaria da ANPA (garda o xustificante en imaxe ou pdf) 

3 - Enviar un email a anpaogalo@gmail.com cos seguintes datos:

Agardámoste! Sodes benvidos para colaborar, sempre en función da disponibilidade de cada quen, e mesmo para propoñer ideas, suxerencias, etc. 


FORMA DE PAGO

Para facilitar a xestión e a presentación das contas á administración, xestionaremos todos os pagos a través de transferencia bancaria ou a través dos caixeiros de ABANCA.

 A cuota de socio é por curso escolar e é de:

Opcións de pago: 

IMPORTANTE: indicar no concepto da seguinte maneira CUOTA socio + APELIDOS do neno/a 

O pago farase antes da inscrición, coidade de ter o xustificante do pago no caixeiro ou a confirmación da transferencia antes de comezar a inscrición, para envialo por email o rematar a inscrición no formulario. 


Quen teña algunha dúbida pode poñerse en contacto con nós a través do correo anpaogalo@gmail.com ou do teléfono 660 776 917