Aluguer de taquillas
No centro funcionan as aulas-materia o cal fai recomendábel que o alumnado dispoñan dun sitio onde deixar o material nos recreos. Por este motivo, a ANPA mercou e xestiona as 567 taquillas dispoñibles no centro.
As familias socias das ANPA, co pago da cota, temos dereito a unha taquilla, e no caso de precisar máis taquillas ten un pequeno extracoste.
COTA SOCIO + 1 TAQUILLA 20 €
Taquilla adicional 5 €
Gratuita para familias con ingresos mínimos (xestión a través do equipo directivo do centro)
Importante:
Non hai copia de chaves en bedelería. Se hai algún problema dirixirse por escrito o correo electrónico da ANPA
O alumnado é responsábel da chave da taquilla, e en caso de perda terá que solicitar unha copia nova (pode tardar 7 días). A familia deberá facerse cargo do custe da copia da chave.
É recomendábel facer unha copia da chave no momento de recibila, por se extravía a orixinal
Prazos
Renovacións: setembro 2024
Solicitude para novas alumnas e alumnos: setembro 2024
Fóra deste prazo, pódese contactar coa ANPA, en caso de que houbese problemas coa inscrición no centro.