📣 CAMPAMENTO-VERÁN 2026
📣 CAMPAMENTO-VERÁN 2026
Finalmente SI se levará a cabo o campamento 🥳🥳🥳
- Saen todas as semanas ;excepto a última do 31 de agosto ao 4 de setembro (se finalmente hai máis inscritos sairía tamén)
- Saen todos os servicios extra (madrugadores e comedor); pero o servicio de concilia (15:00-16:00) está no aire nalgunhas semanas, esperemos que haxa máis inscritos para poder sacalo en todas as semanas.
📝 Estades a tempo de apuntarvos ó campamento: https://forms.gle/p4Wa56mpcbT7WRiq8
Calquer dúbida:
Un saúdo,
O vindeiro venres 13 de febreiro de 2026, durante o horario escolar, o alumnado do centro celebrará o Entroido cunha pequena merenda organizada pola ANPA Brexo Lema.
Os nenos e nenas poderán desfrutar de doces tradicionais do Entroido galego:
🥞 filloas,
👂 orellas
🍩 e rosquillas.
⚠️ Alérxenos: glute, ovos e leite.
Lémbrase ás familias que calquera intolerancia ou alerxia alimentaria debe comunicarse previamente a través do correo electrónico da ANPA.
Esta actividade está subvencionada polo Concello de Cambre, ao que agradecemos o seu apoio.
Desde a ANPA animamos a todo o alumnado a participar e desfrutar desta celebración tan nosa.
Bo Entroido! 🎉
O vindeiro venres 19, entre as 17:00 e as 21:00 horas, celebrarase no polideportivo do cole a Gran festa de Nadal, unha cita aberta á comunidade educativa para compartir unha tarde de Nadal chea de ambiente e convivencia.
Durante a festa poderase desfrutar de:
🎶 Actuacións musicais de Mamá Cabra e Natalia
🎅E moita mais sorpresas
Esta iniciativa ten como obxectivo recaudar fondos para a excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Educación Primaria, polo que animamos a todas as familias a participar e colaborar.
Unha oportunidade perfecta para celebrar o Nadal no cole e seguir fortalecendo os lazos da nosa comunidade educativa.
O Nadal é un tempo especial para parar un intre, mirar ao noso arredor e lembrar o valor de compartir, convivir e coidar das persoas que forman parte da nosa comunidade educativa. Son datas nas que os pequenos xestos, feitos con agarimo, cobran un significado especial.
Tamén é un momento para lembrar con cariño a aquelas persoas que xa non están, pero que seguen moi presentes nos nosos corazóns, formando parte do que somos e do camiño que percorremos como comunidade.
Por este motivo, mañá, 18 de decembro, a ANPA Brexo Lema convida a todo o alumnado a desfrutar de roscón e chocolate quente, compartindo un momento sinxelo pero cheo de significado nestas datas tan sinaladas.
Este convite realízase coa colaboración do Concello de Cambre e coa achega de Jardanay, que facilita de maneira gratuíta o chocolate, contribuíndo a que todo o alumnado poida gozar deste encontro no centro.
Desde a ANPA queremos aproveitar esta ocasión para desexarlles a todas as familias unhas felices festas, cheas de saúde, calma e tempo compartido, e para agradecer, unha vez máis, a implicación de todas as persoas que fan posible que o colexio sexa un espazo de encontro, coidado e comunidade.
👉 No caso de que algún neno ou nena teña intolerancias, alerxias ou por calquera outro motivo non poida consumir estes alimentos, as familias deberán comunicalo previamente á ANPA a través do correo: anpabrexolema2013@gmail.com
O vindeiro 30 de outubro teremos unha tarde chea de diversión, sustos e moita imaxinación no noso cole! 👻
🕕 A partir das 18:00 horas, daremos comezo ao tradicional Roteiro de Samaín 2025, con saída dende o pavillón do colexio. As familias poderán participar acompañando ás nenas e nenos nun percorrido cheo de sorpresas e decoracións terroríficas polas casas da contorna.
🧛♀️ E a partir das 18:00 ata as 22:00 horas, celebrarase no pavillón do colexio a Festa de Samaín, con música, ambiente de medo e moita diversión para todas as idades.
🍭 A cantina estará xestionada pola clase de 6.º de Primaria, que se encargará de ofrecer petiscos e bebidas para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
🕸️ Actividade organizada pola ANPA Brexo Lema, co patrocinio de Gadis e Vegalsa-Eroski.
Vinde disfrazadas e disfrazados e preparadevos para unha noite máxica! 🦇✨
O vindeiro 30 de outubro, celebraremos o Magosto 2025 no noso centro.
Será unha xornada especial para gozar das castañas, o outono e a convivencia escolar.
👧🧒 Convidamos a todo o alumnado a participar durante o horario escolar.
Haberá xogos populares e moito sabor a outono!
Os próximos días 26,29 e 30 de setembro e ó 28 de outubro a ANPA BREXO-LEMA organiza varios obradoiros de igualdade con actividades coeducativas, a través de xogos musicais, bailes, cancións e radio, pola igualdade.
Pola presente convocamos a primeira Asemblea Ordinaria da Anpa neste curso 2025/26.
Terá lugar o vindeiro martes 30 de setembro ás 16:45h no CEIP Emilio González López coa seguinte orde do día:
1.-Aprobación de contas do curso 2024/25.
2.-Comedor e AAEE.
3.-Rogos e preguntas
Grazas de antemán pola vosa colaboración e asistencia!
Estimadas familias
De modo extraordinario ampliamos ata o venres 12/09/25 para solicitar actividades, en aquelas onde todavía quedan prazas dispoñibles.
As actividades dispoñibles son:
🎨 Pintura Luns (2º a 6º EP)
🤸♀ Ximnasia rítmica Mércores (6º EI a 6º EP)
Podedes solicitar a vosa praza na seguinte ligazón:
Altas novas https://forms.gle/Xer1PLM6VP4hEVA39
Modificacións https://forms.gle/NWXuo88UHQWynJkJ6
Boas Familias,
✂️A partir de agora en Copy Burgo por ser SOCIOS da Anpa Brexo-Lema farán un desconto do 10% en material escolar.
📩 Recibiredes os socios da Anpa un correo dende o mail da Anpa coa imaxe do desconto de Copy Burgo.
📧 Cando vaiades a realizar o pago ensinadeslle á dependienta o mail e xa vos aplican o desconto.
🚨 As familias que queiran ser socios que cubran o formulario da Anpa o antes posible para poder enviar os mails para obter o desconto:
https://forms.gle/Bp6dWapK3MEf9Xr47
Para calquer dúbida contactade con nós a través do correo: anpabrexolema2013@gmail.com
O Concello de Cambre abre o prazo de inscrición no Programa Mañanceiro para o curso 2025-2026, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias con nenos e nenas matriculados en Educación Infantil e Primaria.
📅 Prazo de inscrición: do 23 de xuño ao 23 de xullo de 2025.
🕖 Horario do servizo: de luns a venres, en días lectivos, de 7:30 h ata o inicio das clases. Inclúe atención e vixilancia, e opcionalmente almorzo.
✅ Inscrición:
A través da sede electrónica do Concello ou presencialmente nos rexistros municipais.
As prazas (máximo 26 por centro) asignaranse segundo criterios socioeconómicos e familiares.
A lista provisional publicarase o 22 de agosto. Se quedan vacantes, poderanse presentar solicitudes fóra de prazo ao longo do curso.
📞 Máis información:
Departamento de Educación: 981 613 291
📧 educacion@cambre.org
📄 Consulta toda a información e descarga a solicitude na web do Concello: www.cambre.org
Estimadas familias:
Comezamos un novo curso escolar e queremos compartir con vós toda a información sobre os servizos e actividades que xestiona a ANPA para o 2025/26:
✅ Comedor escolar
O servizo será xestionado, como sempre, pola empresa Jardanay. É obrigatorio ser socio/a da ANPA para poder utilizalo.
Prazo de inscrición: do 16 de xuño ao 31 de agosto, a través da web: www.jardanay.es.
✅ Actividades Extraescolares
As actividades desenvolveranse de 16:30h a 17:45h (agás Natación, que será os venres de 18:30 a 19:15h).
Entre as propostas para este curso atoparedes: Patinaxe, Pintura, Atletismo, Teatro, Balonmán, Zumba, Ximnasia Rítmica, Judo, Baile Galego, Fútbol e Natación.
Prezo: 13€/mes por actividade (Natación: 21€ aprox.).
Prazo de inscrición: do 16 de xuño ao 31 de agosto, cubrindo os formularios dispoñibles na web do colexio (espazo ANPA).
✅ Cotas ANPA e Seguro escolar
Cota anual ANPA: 25€/familia.
Seguro obrigatorio: 9€/neno/a ao ano.
📲 Avisos por WhatsApp: Se queres recibir notificacións da ANPA, envíanos un correo a anpabrexolema2013@gmail.com co teu número de teléfono.
ℹ️ Para máis información ou dúbidas, escribe a: anpabrexolema2013@gmail.com ou chama ao 881 880 865.
Grazas pola vosa colaboración e feliz verán!
A ANPA Brexo-Lema
Hoxe celebrouse no cole a xa tradicional carreira solidaria, unha xornada chea de movemento, ilusión e compromiso. Este ano, a carreira tivo un significado moi especial, xa que foi organizada en apoio á nosa veciña María, alumna do CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás, e en favor da Fundación Mi Princesa Rett, que traballa para dar visibilidade e apoio ás persoas que conviven co síndrome de Rett.
Durante a mañá, alumnado, profesorado e familias participaron con entusiasmo nesta actividade que combina deporte, concienciación e solidariedade. Un xesto pequeno, pero cargado de valor, que nos lembra a importancia de camiñar xuntos por causas que nos unen como comunidade.
📽 Podedes coñecer máis sobre a historia de María e sobre o traballo da fundación a través deste emotivo documental elaborado polo CEIP Gonzalo Torrente Ballester:
👉 https://bibliosouto.blogspot.com/2025/03/documental-sindrome-de-rett.html
💜 Grazas a todas as persoas que participaron e colaboraron nesta xornada solidaria! Porque educar tamén é aprender a coidar e a acompañar.
O pasado venres 28/02 celebramos o Entroido cunha deliciosa degustación de filloas e orellas para todo o alumnado. Grazas á colaboración do Concello de Cambre, puidemos manter viva esta tradición tan especial.
Queremos dar un agradecemento especial a Panadería María Jesús e Panadería J. Fraga e Hijos, que foron as encargadas de preparar estas auténticas marabillas! 😋 Sen dúbida, fixeron que este Entroido fose aínda máis doce.
🔹 Subvencionado polo Concello de Cambre
🔹 Filloas e orellas elaboradas por Panadería María Jesús e Panadería J. Fraga e Hijos
🔹 Un día de festa, tradición e sabor!
💛 Grazas por celebrar con nós o Entroido!
O mércores 26 de marzo, de 16:00 a 19:00, celebrarase no comedor do cole unha actividade moi especial: "Luces, cámara, sabor!!!" Cociña de Cine en Familia.
👨🍳 Pequenos e maiores compartirán unha tarde divertida de aprendizaxe culinaria, descubrindo receitas inspiradas no cine, trucos de cociña e moitas risas. Ademais, haberá espazo para a lectura, onde se compartirán libros e receitas. 📚✨
📌 Detalles da actividade:
📍 Lugar: Comedor do colexio
📅 Data: Mércores 26 de marzo
⏰ Horario: De 16:00 a 19:00
👥 Aforo limitado a 30 persoas (Apuntamentos a través do ANPA)
A actividade será impartida pola nosa fantástica chef Elena Profe (@tecabrexo), que guiará a sesión con moita creatividade e sabor.
💡 Non quedes sen praza! Apúntate e goza dunha tarde de cine e sabor en familia! 🎥🍕🎭
O Entroido está á volta da esquina, e como manda a tradición, o Meco xa chegou ao cole coas súas ordes divertidas! 📢 Durante toda a semana, os nenos e nenas deberán seguir os mandadiños para completar esta gran festa chea de cor e alegría.
📅 Lembra os mandadiños do Meco desta semana:
🔹 Luns: Unhas medias de cores haberás de levar! 🧦🌈
🔹 Martes: Para un día rebuldeiro, pon un pano no pescozo e un sombreiro de vaqueiro. 🤠
🔹 Mércores: Se queres molar e a Charles Chaplin lembrar, bigote e bastón terás que levar. 🎩👨🏻
🔹 Xoves: Para un día de terror, pinta a túa cara de cor! 👻🎨
🔹 Venres: Para festexar o Entroido, todos e todas co disfraz! 🎭🎬
📢 Animamos ás familias a participar e a axudar aos nenos e nenas a cumprir os mandados do Meco! O Entroido é unha festa de ledicia e imaxinación, así que deixemos voar a creatividade e vivámolo con moita ilusión!
🎉 Vémonos no Entroido! 🎉
Dende o ANPA Brexo-Lema, queremos lembrarvos que seguimos sumándonos ao Proxecto Bio Escolas, unha iniciativa que nos axuda a reciclar o aceite de cociña usado de forma responsable e sostible. 🌍💚
Reciclando o aceite evitamos a contaminación da auga e fomentamos hábitos máis ecolóxicos na nosa comunidade educativa. Grazas a todas as familias que xa participan! 🙌
Como podes seguir colaborando?
✅ Garda o aceite usado en botellas de plástico. 🫙
✅ Péchaas ben e tráeas ao cole. 🚶♀️🚶♂️
✅ Déixaas no contedor verde na entrada do centro. ♻️
✅ Anima a máis familias a participar. Cantas máis botellas recollamos, mellor! 👨👩👧👦
💡Cada xesto conta para un futuro máis sostible. Sigamos colaborando!💪💚
📩 Más información: anpabrexolema2013@gmail.com
Durante os meses de xaneiro e febreiro, o comedor escolar foi un espazo cheo de aprendizaxe e diversión. En liña co proxecto integral do centro sobre o cinema, traballamos esta temática de maneira transversal a través de diferentes dinámicas e xogos.
🎲 Xogos educativos e cooperativos
Os nenos e nenas gozaron de actividades lúdicas que fomentan o compañeirismo, a creatividade e o pensamento lóxico.
📽️ Cinema e máis cinema
O cinema foi o eixo central de moitas das actividades realizadas, permitindo que o alumnado se mergulle nesta temática a través de xogos e dinámicas adaptadas a cada idade.
📚 Explorando a biblioteca
Ademais, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de visitar a biblioteca, onde gozaron de lecturas relacionadas co cinema, fomentando así o seu interese pola lectura e a creatividade.
💡 Grazas ás traballadoras do comedor
Queremos agradecer ás traballadoras do comedor o seu esforzo e dedicación para que o alumnado poida gozar dun ambiente dinámico e educativo mentres comen.
📸 Deixámosvos algunhas imaxes destes momentos tan especiais.
Estas festas, organizamos unhas actividadesmoi especiais no comedor escolar. Os nenos e nenas gozaron dunhas xornadas máxicas cheas de creatividade e diversión.
🎨 Talleres do Nadal
O comedor transformouse nun espazo creativo onde os máis pequenos realizaron manualidades, deseñaron adornos.
🎶 Música para animar o ambiente
Durante a xornada, a música do Nadal encheu o comedor, creando un ambiente festivo que acompañou aos nenos mentres gozaban das actividades.
🎅 O trasgo de Nadal fixo das súas!
Para engadir un toque de maxia e diversión, o trasgo de Nadal apareceu e deixou a súa pegada no comedor con pequenas trasnadas que sacaron risas e asombro a todos os nenos e nenas. Foi unha sorpresa moi especial!
Desde o ANPA, queremos agradecer especialmente ás traballadoras do comedor pola súa implicación e axuda, que fixeron posible o desenvolvemento destas actividade nunha contorna tan acolledora.
🎁 Grazas a todos por facer deste Nadal unha celebración inesquecible!
🎄👑 Roscas e Chocolate para Celebrar o Día de Reyes! 🍫✨
O ANPA do cole ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do centro para gozar dunha deliciosa Rosca de Reyes 🎂 para celebrar xuntos estas datas máxicas.
Grazas á colaboración especial da empresa Jardany, que ofrecerá chocolate quente de forma gratuíta, a festa será aínda máis doce! ☕🍫
Ademais, queremos asegurarnos de que ninguén quede sen gozar deste momento especial. Por iso, contaremos con opcións alternativas para os nenos e nenas con alerxias ou intolerancias alimentarias.
🗓 Cando: 19 de decembro en horario lectivo
📍 Onde: írase repartindo polas aulas
Esperámosvos con moita ilusión para compartir este momento tan especial e empezar o ano con alegría!
Organiza: ANPA Brexo-Lema
Colabora: Jardany
🌰 Magosto 2024: Unha tradición celebrada en comunidade 🍂
O pasado 30 de outubro, en horario escolar, celebramos no cole o tradicional Magosto, un día cheo de alegría, castañas e momentos especiais.
Grazas ao apoio e a subvención do Concello de Cambre, puidemos organizar unha xornada onde os nenos e nenas gozaron das castañas asadas e diversas actividades relacionadas con esta festividade tan nosa.
Desde o ANPA queremos agradecer a toda a comunidade educativa polo seu entusiasmo e participación, e ao Concello de Cambre por facer posible que esta tradición siga viva no noso colexio.
Esperamos con ilusión a próxima edición para seguir compartindo xuntos estes marabillosos costumes! 🎉
Organiza: ANPA Brexo-Lema
Subveciona: Concello de Cambre
🎃 Ven á Festa de Samaín! 👻
O ANPA do Brexo-Lema e clase de 6ºEP convídanvos a celebrar unhas das noites máis máxicas e divertidas do ano.
🗓 Data: 30 de outubro de 2024
⏰ Hora: de 18:00 a 21:30
📍 Lugar: Pavillon do Cole
🎶 Música e baile para todas as idades
Haberá roteiro e cantina para gozar en familia.
👀 Non esquezas o teu disfrace, a túa lanterna e moitas ganas de pasalo ben!
Esperámosche para encher o cole de risas, sustos e diversión!
Organiza: ANPA Brexo-Lema
Colabora: Gadis e Eroski Vegalsa
O venres 28 de febreiro, durante o horario escolar, desde o ANPA Brexo-Lema queremos poñer o noso grao de area nesta celebración convidando a todo o alumnado a unha merenda especial de filloas e orellas. 🍩🎉
Cada neno e nena celebrará o Entroido na súa aula, vestindo os seus disfraces e gozando deste día tan divertido, mentres que nós, desde o ANPA, encargámonos de que non falte un toque doce para completar a festa!
📢 Se o teu fillo ou filla ten algunha intolerancia alimentaria, avísanos con antelación escribindo a 📩 anpabrexolema2013@gmail.com, para que poidamos ofrecerlle unha alternativa adaptada.
💡 Se algunha familia quere colaborar, que non dubide en avisarnos! Entre todas e todos facemos desta festa un momento especial.
🎭 Grazas por formar parte do Entroido no cole! 🎭