Estimadas familias, mediante a presente informámosvos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2026/27.
Como o ano anterior a inscrición na ANPA, AAEE (Actividades Extraescolares), e Seguro para o comedor escolar farase únicamente a través das seguintes ligazóns:
Ficha de Inscripción de Actividades Extraescolares (unha por cada fillo/a) https://forms.gle/QVzf37eGQXYtjT567
Ficha de Inscrición da ANPA, Seguro escolar de accidentes e familia autorizada para recoller ao alumnado (cubrir un por familia) https://forms.gle/w2DjVX1cNkzhnt2LA
Queda aberto o prazo de inscrición do 22 de xuño ao 28 de agosto (ambos incluídos).
*As ligazóns tamén están dispoñibles no espazo ANPA da web do cole e facilitaranse a través dos grupos de WhatsApp das clases.
Segundo a preferencia de cada familia, deberanse seguir os pasos descritos a continuación:
Nen@ usuario só de AAEE: Formulario de AAEE+Formulario ANPA.
Nen@ usuario de comedor+AAEE: Web de Jardanay + Formulario AAEE+Formulario ANPA.
As actividades teñen un número máximo de alumn@s, segundo o curso son:
Infantil a 1º de EP: 12 nenas e nenos
2º a 6º EP: 15 nenas e nenos
En pintura o aforo será de 14 nenas e nenos
En natación os grupos faranse en función da idade e niveis da forma máis homoxenea posible e baixo o criterio do personal das instalacións.
O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 13€, agás atletismo que será 12€ e Natación ten un prezo de 21€ aprox. Esta última pode ter lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.
Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.
Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas.
Aplicamos un 30% de desconto na terceira actividade e sucesivas dun mesmo neno/a , só se se manteñen durante o trimestre completo (o desconto aplicarase no prezo da actividade con menos valor).
Importante: como moitos saberedes, no Concello de Cambre hai unha situación de grave bloqueo administrativo, que está provocando impagos con nós e moitas empresas. Debido a isto, vémonos obrigados a retrasar o comezo das actividades extraescolares. Esperamos poder comezar o 14 de setembro sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. Unha vez iniciado o curso, daremos máis información.