Amadriñamento 17/18:

Marilar Aleixandre

O pasado 29 de maio recibimos á nosa nova madriña de aula Marilar Aleixandre.

O alumnado de 5º traballou ó longo do curso de xeito interdisciplinar a figura da súa madriña:

Na lingua, lendo, creando guións e interpretando unha escolma de textos da escritora.

Na educación artística e audiovisual, no deseño dos personaxes e escenarios, tratando e transformando a imaxe co editor libre Pixlr Editor e na animación coa técnica do STOP MOTION.

Na música, aprendendo e interpretando cancións con textos orixinais da autora grazas aos arranxos e a composición musical de Eloy Porto, mestre de música.

Deixámosvos unha lista de reprodución que recolle as cinco curtas de STOP MOTION de 5º de EP e o vídeo presentado polo alumnado de 5ºB no certame "Ollo de vidro" de #Book-trailer#, regueifando recomendacións lectoras e polo que recibiron unha mención no Festival de Cans o pasado 23 de maio. Nesta lista, ademais, están engadidos os vídeos de 4º e 5º de E. Infantil do conto "Dez abellas na laranxeira".