Maior, Paula (2024): Rosalía oculta. Vigo: Galaxia
NIVEL INTERMEDIO
Nesta novela gráfica poderás coñecer mellor a figura de Rosalía de Castro. Escrita de xeito ameno, sérvenos para adentrarnos na escritora de Padrón e poder así interpretar mellor a súa poesía.
Pena, Xosé Ramón (2014): Historia da literatura galega. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Vigo: Xerais
NIVEL INTERMEDIO
Neste conxunto de tres volumes poderás atopar información relativa ao campo literario galego. É unha ferramenta básica na hora de realizar traballos de investigación sobre literatura galega dende os inicios até hoxe.
Poe, E.A. (2011): O corvo. Santiago: Urco Editora
Poe, E.A. (2019): El Cuervo. Segovia: Uvebooks (cómic)
NIVEL INTERMEDIO
Temos á nosa disposición un clásico universal. Ora en versión galega ora na súa feitura en cómic, poderás adentrarte nun dos textos máis vivos dos últimos tempos.
Cráneo, Manuel (2007): Os lobos de Moeche. Santiago: Demo Editora.
NIVEL INTERMEDIO
Neste volume analízase a Galicia da Revolta Irmandiña. Verás que a nosa sona de coitadiños non é tal.
Tokio (2014): Cabana de Balieiros. Santiago: Demo Editora
NIVEL INTERMEDIO
Nesta novela gráfica imos coñecer como era a Galicia da Idade Moderna.