CASSANY, Daniel (1995) La cocina de la escritura, Anagrama
NIVEL INTERMEDIO
Manual de redacción para todos aqueles que necesiten ou desexen mellorar a súa expresión escrita.
Konstantinov, Vitali (2023), Está escrito. De la escritura cuneiforme al emoji, Libros del Zorro Rojo.
NIVEL INTERMEDIO
Cun estilo propio da novela gráfica, relata a orixe de máis de cen tipos de escrituras dende a Idade de Bronce ata a actualidade.
Edge, Christopher (2017), Descubre al #escritor que llevas dentro, Alfaguara.
NIVEL INTERMEDIO
Neste libro atoparás actividades para aprender a contar historias: planificar argumentos, modificar a acción, crear conflitos. É moi interesante para complementar a túa creatividade.
Díaz Reguera, Raquel (2017), Laboratorio portátil de escritura, Tres Tigres Tristes.
NIVEL INTERMEDIO
É un libro que convida a dar forma narrativa ás ideas: converter un conto tradicional nun relato humorístico, explicar un invento da túa propia creación, etc.
Callón, Carlos (2014): Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais
NIVEL INTERMEDIO
Neste libro poderás remediar os teus males na escrita. Serve de axuda na hora de buscar un texto coherente e cohesionado.
Feixó Cid, Xosé (2004): Gramática da lingua galega. Síntese práctica. Vigo: Xerais
VVAA (2011): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. Vigo: Baía
NIVEL AVANZADO
Trátase de dous volumes dirixidos a resolver dúbidas sobre a lingua galega.