Ola de novo!
Xa vexo que unha vez máis estades a piques de iniciar unha nova aventura. Neste caso ídevos a adentrar no mundo da alimentación e dos hábitos saudables..
Nesta ocasión ídesvos a convertir en expertos nutrionistas e "coach" nutricionais que teñen como misión aprender a comer san e levar un estilo de vida saudable.
As tarefas que teredes que levar a cabo son as seguintes:
Pescudar e recabar información sobre os alimentos.
Pescudar e recabar información sobre os nutrientes.
Pescudar e recabar información sobre o que é a pirámide nutricional.
Pescudar e recabar información sobre o que é a dieta saudable
Pescudar e recabar información sobre a importancia que ten o deporte e o ocio activo para ter unha vida saudable.
Plasmar todo o aprendido nun poster, mural, presentación,...