Xustificación:
Esta actividade está pensada para introducir, de xeito guiado, ao alumnado de 3º de Primaria na adquisición das competencias necesarias para a búsqueda, manexo e comunicación da información atopada en internet. A elección do tema ten relación cos contidos curriculares das áreas de lingua e ciencias naturais e a área de Educación Física.
É unha actividade creada principalmente para que o alumnado traballe de forma individual, en canto se refiere a búsqueda de información, e de forma colaborativa na elaboración do producto final. Esto non quere dicir que non se poida tamén traballar en pequenos grupos.
2. Nivel:
3º de Educación Primaria
3. Áreas implicadas:
Ciencias Naturais
Linguas
Educación Física
Plástica
4.- Obxectivos:
Coñecer os alimentos: propiedades, orixe, tipos, ...
Coñecer os nutrientes: hidratos de carbono, vitaminas,...
Comprender o que é a pirámide nutricional e integrala nos nosos hábitos alimentarios.
Ser capaz de recoñecer e elaborar unha dieta saudable.
Sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de seguir unha dieta saudable para a nosa saúde.
Fomentar exercicio físico e a práctica do ocio activo
Buscar e seleccionar información atopada en Internet.
Plasmar a información nun poster, mural, presentación
5.-Contidos:
Os alimentos: definición, tipos, funcións
Os nutrientes: definición, tipos, funcións.
A pirámide nutricional
A dieta equilibrada: definición, importancia para a nosa saúde, menús saudables
Importancia da práctica regular de deporte.
Valoración do ocio activo como medio de mellorar e adquirir hábitos saudables
Búsqueda e selección de información na web
Elaboración de traballos empregando as TIC
6. Temporalización:
A modo orientativo e dependendo das características do grupo de alumnos de 8 a 10 sesións.
7. Recursos:
Páxinas web proporcionadas ao alumnado
Aula de informática do centro
Os materiais necesarios para a realización do traballo requerido.