A Asociación Cultural Xábrega fundouse no ano 2005 co fin da defensa e promoción da cultura no noso pobo. Foi no ano 2007, cando a Asociación decidiu poñer en marcha unha Escola de Música para formar despois unha Banda coa pretensión de cumprir dous obxectivos fundamentais: achegar a música ós nenos e mozos da vila e contar cunha agrupación musical que chegase a desenvolver un programa estable de concertos.
A día de hoxe a Asociación con cunha Escola de Música con diversas especialidades instrumentais, ademais das clases de linguaxe musical e música e movemento para os máis peques. A banda participa en diversos concertos ó longo do ano, guiados polo director Francisco SanRamón Calvo.
Asociación tamén promove diversas actividades culturais como concertos, conferencias, concertos didácticos... abertas a todo o público.