Banda de Música A.C. Xábrega
Banda de Música A.C. Xábrega
A banda de música comezou a súa andanza aló polo ano 2011 coa participación no II festival Son de Ares, cando apenas tocaban 5 alumnos. No ano 2012 toca por primeira vez no Certame de panxoliñas organizado polo Concello de Ares e dende aquela seguiu participando tódolos anos.
No 2012 participa na presentación da Semana Santa Aresá interpretando o seu famoso Pregón. No ano 2015 participa por primeira vez poñendolle música ás procesións de venres Santo e a partir dese momento é habitual ver a Banda de Música de Xábrega tocando o Xoves e Venres Santo.
No ano 2014, por primeira vez a banda da Asociación Cultural Xábrega saiu fóra do municipio a mostrar o seu traballo. Unha bonita experiencia acompañando á coral “Areas do Mar” do Casino Aresán ata Esteiro (Muros) para participar no concerto “Músicas de Nadal” que se celebrou na igrexa de Santa Mariña e o posterior concerto en Pedroso, acompañando tamén a coral.
A primeira “xira polas parroquias”, no ano 2014, en colaboración có Casino Aresán, Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás e a Agrupación Instrutiva de Caamouco.
Actualmente a banda colabora co Concello de Ares no Certame de Panxoliñas e no Ares Indiano, seguindo coa tradicional xira polas parroquias, procesións de Semana Santa, procesión do Corpus, procesión do Carme, etc...
Actualmente está formada por unha treintena de músicos de todas as idades.