A Escola de Música é unha escola de formación musical vinculada á Banda de Música. Calquera persoa interesada pola música pode participar, independentemente da idade e dos coñecementos musicais. Cando os mestres ou director o consideran oportuno incorpóranse á banda.
A escola realiza a súa actividade nas Antigas Escolas do Lago (Rúa Xuncal s/n), nunhas instalacións cedidas polo Concello de Ares.
Oferta educativa
Música e movemento:
Para nenos e nenas de 4, 5 e 6 anos, por ser unha idade excelente para desenvolver o ritmo e a percepción auditiva. As clases serán grupais, pero os grupos serán reducidos. O obxectivo desta actividade é espertar as potencialidades musicais dos nenos, a través de actividades que lles permitan conectar coa linguaxe musical partindo da súa realidade.
Linguaxe Musical para nen@s e adult@s:
A partir dos 6 - 7 anos. Dirixida os alumn@s que estudan algún instrumento. As clases son grupais e serán agrupados ven por coñecementos ou idades, dentro do posible. Esta materia ten como obxectivo a adquisición dos coñecementos musicais necesarios para poder interpretar e coñecer mellor o instrumento.
A clase de linguaxe musical para nen@s vai estreitamente ligada a clase de instrumento, polo que non se poderá asistir a instrumento sen ir clase de linguaxe musical, a excepción de aqueles alumn@s que xa posúan os coñecementos necesarios e que deberán ser valorados pol@ responsable da escola ou mestres.
Tamén ofertamos clases de linguaxe musical para adult@s que queren iniciarse ou perfeccionar os seus coñecementos musicais.
Especialidades instrumentais:
Frauta travesa, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión e piano**.
**A Escola de Música ten como obxectivo principal a formación de músic@s para a plantilla da Banda de Música. Por este motivo as prazas na especialidade de piano están limitadas. Sendo posible a formación de piano a través da modalidade de Piano complementario (ligada a o estudo dun instrumento de banda).
A formación instrumental está pensada para nen@s e adult@s a partir dos 6 - 7 anos. As clases serán individuais e personalidades en función da idade e os coñecementos do alumnado.
A Escola de Música pon a disposición do seu alumnado os instrumentos de préstamos dos que dispón. O préstamo será gratuíto durante o primeiro ano e prorrogable en anos próximos dependendo das posibilidades da asociación.
Banda de Música.
A asociación dispón dunha banda de música que realiza concertos de diversa índole ó longo do curso (concerto de panxoliñas, procesións de semana santa, concertos de verán…) á que poderán asistir todas aquelas persoas que xa teñan formación musical e alumn@s da escola de música.