Prezo xeral por actividade e trimestre - 25 euros
Prezo xeral para persoas non empadroadas - 35 euros
BONIFICACIÓNS
Bonificación do 10 % (22,50 €/trimestre)
Menores de 18 anos
Maiores de 65 anos ou pensionistas
Discapacidade con grao igual ou superior ao 33 %
Titular do Carné Xove
Tarifa social
Bonificación do 50 % (12,50 €/trimestre)
Membro de familia numerosa xeral
Membro da Oficina Municipal de Voluntariado
Persoas desempregadas
Tarifa social
Bonificación do 100 % (de balde)
Membro de familia numerosa especial
Tarifa social
-Para xustificar as bonificacións será necesario achegar coa Ficha de Matrícula os documentos que acrediten fidedignamente a condicións que se declare: DNI, certificado de discapacidade, tarxeta de desemprego, tarxeta de familia numerosa, carné da OMVOL, Carne Xove... ou documentos equivalentes para cada caso.
Non se aplicarán bonificacións se non se achega a documentación xunto á Ficha de Matrícula.
No caso de bonificacións por Tarifa Social, será necesario informe da traballadora social de referencia, con indicación da porcentaxe de bonificación e do número de actividades ás que aplica.
-Con carácter xeral, só se aplicará bonificación na primeira das actividades nas que se matricule unha persoa.
-Só será posible aplicar unha bonificación (a máis vantaxosa).
-As persoas non empadroadas non poderán beneficiarse de ningunha bonificación agás no caso de pertencer ao voluntariado activo da Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Culleredo (OMVOL).