CALENDARIO
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 9 ao 16 de setembro
LISTA DE PERSOAS PREINSCRITAS: 19 de setembro
SORTEO PÚBLICO: 25 de setembro
PRAZO DE MATRÍCULA: do 30 de setembro ao 7 de outubro
LISTA DE PERSOA MATRICULADAS E OFERTA DE PRAZAS VACANTES: 14 de outubro
COMEZO DAS CLASES: 21 de outubro
CONDICIÓNS DO PROCESO
-A preinscrición e, de ser o caso, a matrícula nas actividades farase de dúas maneiras:
1) Por correo electrónico, descargando e cubrindo as fichas correspondentes e enviándoas ao correo escolasmunicipais@culleredo.es.
2) De forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 09:00 a 14:00 horas durante os prazos que se indican.
-Na preinscrición e na matrícula inicial, cada persoa pode escoller unicamente un grupo por cada actividade e catro actividades como máximo.
-Entre o 12 e o 18 de setembro admitirase a emenda de erros das listas provisionais. Unha vez que se faga o sorteo, non se terán en conta os erros non comunicados.
-A preinscrición nunha actividade non implica praza asegurada. Da mesma forma, aquelas prazas que non se formalicen no período de matrícula pasarán a estar vacantes.
-Para formalizar a matrícula será necesario entregar a Ficha de matrícula xunto á Orde de domiciliación bancaria debidamente cuberta e, de ser o caso, o documento que xustifique a bonificación á que se teña dereito. Non se recollerán matrículas sen a Orde de domiciliación bancaria nin se aplicará a bonificación ás solicitudes que se entreguen sen a xustificación correspondente.
-Os recibos das actividades pasaranse trimestralmente á conta que se determine na Orde de domiciliación bancaria.
-Para darse de baixa nunha actividade, haberá que presentar por Rexistro a correspondente Ficha de baixa antes do remate de cada trimestre.
-As prazas vacantes outorgaranse por rigorosa orde de chegada a partir da data que se indica.
-Só se admitirán matrículas nas actividades no primeiro trimestre.
-O Concello de Culleredo resérvase a potestade de cancelar as actividades que considere que non acaden un mínimo de participantes. Este mínimo dependerá das características da actividade, as instalacións e as necesidades globais do programa. De ser posible, ofrecerase alternativa ás persoa preinscritas nas actividades que se cancelen.
-Terán sempre prioridade as persoas empadroadas no Concello de Culleredo.
-Coa presentación e sinatura das fichas de preinscrición e matrícula, a persoa solicitante asume e acepta todas as condicións aquí expostas.