AVISO
O Concello de Culleredo informa de que o vindeiro martes 17 de decembro ás 09:00 horas abrirase a matrícula das prazas vacantes daquelas actividades que teñen carácter trimestral.
______________________________________________________________________________
O Concello de Culleredo oferta desde 1987 unha serie de actividades e servizos necesarios para contribuír á satisfacción de necesidades e aspiracións da veciñanza do municipio.
Estas actividades desenvólvense ao longo do ano durante 9 meses (de outubro a xuño) e están dirixidas a toda a poboación.
Os obxectivos destas actividades son promover a iniciación, formación e coñecemento de distintas disciplinas culturais e deportivas, fomentar a participación e o encontro entre a veciñanza, favorecer a integración e ofrecer unha alternativa de lecer cultural e deportivo de calidade.