Premio
Entrega da edición XVI: 15 de marzo de 2022
O premio Novela Europea “Casino de Santiago” pretende promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos cidadáns en xurado dun premio literario concedido a escritores europeos.
Este Premio ten dúas modalidades:
· MELLOR NOVELA EUROPEA
e
· MELLOR NOVELA TRADUCIDA A OUTRA LINGUA EUROPEA, con dúas seccións:
Sección Novelas en lingua galega
Sección Novelas en outras linguas oficiais do Estado
Unha comisión de expertos selecciona as novelas finalistas:
Na primeira das modalidades, cinco novelas de países europeos publicadas no ano en curso.
Na segunda modalidade, 3 en cada unha das seccións, neste caso publicadas nos dous anos anteriores.
Todas as novelas finalistas serán promocionadas polas librerías de Santiago.
Os xurados, en cada caso, estarán formados por dúas seccións:
· Sección A, cun peso do 50%, formada por todos os residentes das cidades participantes
· Sección B, cun peso do 50%, formada por dez representantes de distintos estamentos sociais
Este Premio está patrocinado por Ámbito Cultural del Corte Inglés.
As novelas gañadoras na modalidade de Novela Europea nas distintas edicións foron:
Na Primeira Edición Expiación de Ian Mc Ewan
Na Segunda Edición La Menulara de Simonetta Agnelo
Na Terceira Edición Juntos nada más de Ana Gavalda
Na Cuarta Edición Nunca me abandones de Kazuo Ishiguro
Na Quinta Edición Sobre la belleza de Zadie Smith
Na Sexta Edición Ronda Nocturna de Sarah Waters
Na Sétima Edición Caos calmo de Sandro Veronesi
Na Oitava Edición La extraña desaparición de Esme Lennox de Maggie O’ Farrell
Na Novena Edición La cena de Herman Koch
Na Décima Edición De vidas ajenas de Emmanuel Carrère
Na Décimo quinta Edición, á modalidade de Novela Europea incorpórase a modalidade de Novela traducida a outra lingua europea, e as novelas gañadoras nesta modalidade foron:
Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantza Portabales
e Los pacientes del Doctor García de Almudena Grandes