Premio 

Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor

O Premio


 O galardón, que se entrega aos gañadores, é obra de Ramón Conde e recorda a viaxe a emigración, o exilio, a cultura e a elegancia ou dandysmo.


O premio “Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor” pretende recoñecer as persoas ou entidades que fomentan o diálogo, a concordia e a fraternidade, recordando así ese momento da nosa historia que tamén simbolizaron Lorca, Guerra da Cal e Blanco Amor que cristalizou na creación e publicación dos Seis Poemas Galegos.

Lorca visitou Santiago no ano 1932 para impartir unha conferencia no edificio San Clemente. A súa estancia en Santiago que compartiu con Carvalho Calero e Del Riego, entre outros, foi tan satisfactoria que Lorca anunciou que crearía uns poemas relacionados con Galicia. Poemas para os que contou coa colaboración lingüística de Ernesto Guerra da Cal. Blanco Amor recolleríaos das mans de Lorca e publicaríaos Anxel Casal. Todo un símbolo de diálogo, concordia e  fraternidade. 

 Na primeira edición, no 2018, foi premiada a Alcaldesa de París, Ana Hidalgo, que competía co Alcalde de Palermo, Leoluca Orlando e co Alcalde de Los Ángeles, Eric Garcetti. Ana Hidalgo significouse pola súa política de acollida aos inmigrantes e refuxiados habilitando campamentos nos arredores de París e facilitándolles axuda de todo tipo. 

 II EDICIÓN:

Nesta edición foron finalistas: Ángel Gabilondo, Antón Costas, Rui Rio y Caetano Díaz.

O Xurado considerou que as actuacións dos catro finalistas foron moi significativas para favorecer o diálogo, a concordia e a fraternidade nun momento tan complexo como foi a crise que provocou o Covid-19, considerou tamén que era moi difícil valorar as distintas actuacións polo que propuxo que os catro finalistas foran premiados ex–aequo.

 

O Xurado estivo formado por:

Carlos Pajares, Rosario García-Echave, Javier Dapena, María Baleato, Xesús Fernández Sulleiro, Pilar Bermejo, Antón Pedreira, Mar Lorenzo, Manuel Salvado, José Antonio Seijas, Vanessa Alvite e Maribel Martín. 

 

 

Ángel Gabilondo: "La política entrañable"