O PDI "MÚSICA, músicas" comeza a xestarse a finais do curso 16/17, cando resultou ser a opción maioritaria escollida no último claustro.
Durante o verán e o mes de setembro xa andaban as cabeciñas pensando en clave musical. Deste xeito conseguimos comezar o curso cun documento que facía propostas para os tres trimestres e tiña en conta as celebracións puntuais, os traballos de investigación, as festas e festivais...
A xeito de guión-resumo do traballo feito, amosamos o PANEL que foi elaborado para os ENCONTROS DE BIBLIOTECAS.