PROXECTO INICIAL

"Xuntos en camiño"

Traballo de campo dos nosos alumnos e alumnas. Visita a Silleda.

 Proxecto 1°ESO: "Cada un no seu lugar". 

Como se organiza a diversidade dos seres vivos? Que nos une e que nos separa? Roteiro pola alameda co uso da aplicación  seek.  

Os alumnos tiñan que atopar tres árbores concretos, dándolle pistas e/ou relacionarlos con formas.

Buscar:


Festa da aprendizaxe de 1°ESO: "Cada un no seu lugar". 

O colexio finalizou este luns 27 de novembro, os primeiros proxectos coa xa habitual Celebración da Aprendizaxe. Os grupos de secundaria viviron unha xornada deseñada para narrar, compartir e celebrar todo o aprendido durante estas semanas sobre nos ámbitos socio lingüístico e científico-técnico.

As paredes das aulas e os corredores foron ambientados para acompañar ao alumnado no proceso de mostrar todo o aprendido ao longo das semanas que dura cada proxecto. Entre as numerosas evidencias puideron verse propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos, murais, etc.

Pola súa banda, os nenos e nenas do centro ensinaron tamén os seus 'produtos finais' (cos que finalizan cada proxecto). 

Proxecto 2º ESO: "As mil e unha noites"

Proxecto sociolingüístico que aborda as pegadas que os árabes deixaron na nosa cultura, desde todas as perspectivas: histórica, arquitectónica, lingüística, científica…. Esperamos ser capaces de manter o interese dos nosos alumnos tal como Sherezade o fixo nas súas Mil e unha noites! Recreación dun espazo e lectura dun fragmento do conta "As mil e unha noites". Sentados no chan, en alfombras, arredor dun té, escoitaron a narración en árabe, tal como foi narrada ao longo dos séculos, para despois escoitar unha das súas tradución ao castelán. 

As mil e unha noites. Un relato do proxecto de 2º da ESO.

Os oito viaxaron a tempos pasados e con música de laud, darbuka ou rabel,  puideron contemplar a cristiáns, musulmáns, sefardís ou mozárabes intercambiando coñecementos ou compartindo o lecer. Mais tamén chegaron as batallas e palabras como Tolosa, Reconquista ou califa resoaron nas súas cabezas. A guerra…

Como son curiosos, acabaron coñecendo moi ben a Sherezade, unha moza que lles contou varias historias: a de Aladin, a de Simbad…

Ao de Aladín buscáronlle un final distinto e a Simbad descubrírono, da man de Álvaro Cunqueiro, pasando a súa vellez nunha vila mariñeira de Galicia. Sería Rianxo, sería Muros, Aguiño, ou tal vez Laxe…? Quen sabe, pero que a gusto estaba!

Puideron ver como as historias son como cereixas nun cesto, nunca sae unha soa. Sherezade formaba parte dun relato, creado na Idade Media, e ela mesma contaba un conto e outro para salvar a vida. Pero é que esas historias eran contos tradicionais que xa se narraban oralmente en árabe moitos anos antes.

No caso de Simbad, hai moitas pistas que lembran á Odisea escrita en Grecia moooooooitos séculos antes por un tal Homero.  Historias enleadas como cereixas nun cesto.

E, tirando, tirando do fío, atoparon que séculos despois, un señor de Mondoñedo que era moi bo narrando historias, Álvaro Cunqueiro, creou unha nova obra tomando a Simbad como protagonista. E despois fíxose unha obra de teatro, e despois unha película, e despois…. as cereixas enleadas. Seica se chama intertextualidade.

Como non todo é narración, os nosos protagonistas tamén puideron desfrutar doutros xéneros literarios: o teatro de sombras turco e, sobre todo, da poesía árabe. Primeiro as jarchas, tan parecidas ás nosas cantigas de amigo pero, sobre todo, da poesía social.

Como en toda boa historia, os protagonistas atopáronse con momentos divertidos pero tamén con momentos dramáticos que lles encolleron o corazón. Outra vez a guerra….

Non podiamos abordar neste momento o tema do islam, do mundo árabe, dando as costas á actualidade brutal que viven moitos deles..  E como a poesía, como dicía Gabriel Celaya, é unha “arma cargada de futuro”, tiramos dela para soportar tanta barbarie.

Saltaron, pois, os nosos intrépidos estudantes uns séculos e chegaron á actualidade e, a través da poesía dunha xove poeta somalí (musulmana) , entenderon qué significa ser unha refuxiada e ter que deixar o teu fogar.  Puxéronse na pel dos nenos de Gaza e doutros moitos que conviven co terror a diario.  Ademais, o 20 de novembro conmemorouse a Declaración dos Dereitos dos Nenos, polo que repasaron o decálogo e comprobaron a falta de cumprimento nalgúns lugares

Souberon os 8 de Belvís de palabras ben fermosas procedentes do árabe, como aldea ou azucre pero tamén coñeceron outras moi feas como integrismo. Coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e tamén a través da poesía e a banda deseñada, abordaron a inxusta situación das mulleres nalgúns países integristas como Irán ou Afganistán. Oxalá puidésemos axudalas!

Rematamos con dúas palabras árabes que nos gustan moito: Oxalá, como expresión de bos desexos para todos e albaroque que significa  “Comida con que se celebra o remate dun traballo ou labor.”

Proxecto 3º ESO: "Cos pes na terra"

Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte. Seleccionar e describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto e incorporalas á súa cultura persoal e ao seu imaxinario propio.

Escoitando as explicacións.

Exemplo dunha obra.

O grupo na sala da exposición de pintura.