Fecha de publicación: 17-oct-2012 9:05:56
O sindicato de estudantes ha convocado unha folga de 72 horas nos días 16,17,18 de outubro do 2012, nos centros de secundaria.
A última de estas xornadas estará soportada pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA), de maneira que será a primeira folga de este colectivo que se ha celebrado en España.
O luns 15 está previsto a constitución de asembleas en centros de estudios, con o apoio dos docentes, e da formación de comités de loita. Mentres que o venres 19 de outubro se levaran a cabo Asembleas de Balance nos centros educativos co obxectivo de valorar as mobilizacións e decidir sobre futuras accións.
O secretario xeral do sindicato de estudantes, Tohil Delgado, ha afirmado que están previstas mais de 40 manifestacións diarias en todo o país tanto o mércores 17 de outubro pola maña as 12 horas, como para a tarde do xoves 18 as 18:30 horas. O recorrido da primeira marcha en Madrid irá dende Atocha a Porta do Sol e a segunda, dende a Plaza de Neptuno ao Ministerio de Educación na tarde do xoves.
Delgado ha insistido que o goberno do PP conseguiu en solo 9 meses facer retroceder varias décadas a educación en España e ha acusado do desmantelamento do sector público. "Estamos fartos de que digan que non hai diñeiro para a educación mentres vemos que si teñen para outras partidas.
Para esta Semana de Mobilizacións e Folga Xeral propoñemos:
. Luns 15 de Outubro: asembleas masivas de estudantes, pais e profesores, nos institutos, ocupando os centros de estudo para debater e aprobar a plataforma reivindicativa, formar COMITÉS DE LOITA abertos a todos os estudantes, e organizar as tres xornadas de folga xeral.
. Martes 16 de Outubro: FOLGA XENERAL EN TODOS OS CENTROS DE ESTUDO, realización de piquetes informativos nos centros neurálxicos das poboacións; mercados, centros de saúde, prazas, centros de transporte, polígonos industriais, etc. para dar a coñecer as reivindicacións do movemento estudantil ao conxunto da poboación e pedir o seu apoio en defensa da educación pública.
. Mércores 17 de Outubro: FOLGA XENERAL EN TODOS OS CENTROS DE ESTUDO e xornada de manifestacións de estudantes durante a mañá nas cidades e localidades de todo o Estado.
. Xoves 18 de Outubro: FOLGA XENERAL EN TODOS OS CENTROS DE ESTUDO e realización nas principais cidades de manifestacións de estudantes, pais e nais e profesores pola tarde, que propoñeremos aos sindicatos de profesores e á principal organización de pais e nais, CEAPA.
. Venres 19 de Outubro: realización de asembleas de balance nos centros de estudo con profesores, estudantes e pais para decidir as seguintes accións.
PLATAFORMA REIVINDICATIVA
1. Nin reválida nin selectividade, o fillo do obreiro á universidade. Contra a imposición de barreiras económicas e académicas para impedir o noso acceso á educación superior. Todos os estudantes que aprobasen 1º e 2º de Bacharelato teñen dereito a unha praza universitaria.
2. Contra o incremento de taxas de matriculación na universidade pública e pola retirada dos novos obstáculos para que os fillos dos traballadores accedamos ás bolsas para o estudo.
3. Contra a imposición de taxas á Formación Profesional. Por unha FP gratuíta, democrática e de calidade en todo o Estado. Supresión inmediata das taxas de 360 e 250 euros que a dereita impuxo en Cataluña e Madrid e creación de prazas abondo en todo o Estado: nin un só non admitido por falta de prazas.
4. Nin un só despedimento dos profesores da educación pública. Pola readmisión inmediata dos máis de 49.000 docentes que o PP despediu este inicio de curso en todo o Estado. Sen estes profesores a calidade da escola pública está en grave perigo.
5. Non aos recortes na educación pública, os recortes para os banqueiros. Pola resignación inmediata dos 4.000 millóns de euros que o PP recortou á escola pública dende a súa chegada ao goberno, e polo incremento drástico do diñeiro necesario para garantir un ensino público gratuíto e de calidade.
6. Non ao paro xuvenil. Por un subsidio de desemprego indefinido para todos os parados ata encontrar un posto de traballo.
OPINIÓN PERSOAL
Na miña opinión a folga esta ven xa que asi os politicos non fan o que queren cos dereitos dos demais, e para que vexan que non todo o mundo esta de acuerdo con eles e as súas reformas xa que a educación e para todos coma ricos e pobres.