Samaín e Magosto
Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposicións de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.
Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...
E coma todos os anos, cando as castañas xa están maduras e listas para seren degustadas, no colexio preparamos a gran FESTA DO MAGOSTO.
Todo está preparado:
o día non pode estar máis soleado
os asadores do colexio (Eduardo e Enrique) fan as brasas para poñer as castañas a asar lentamente...
os nenos e nenas desexosos de encher os seus cucuruchos
as profesoras e profesores organizan as filas e buscan o mellor sitio para a degustación
e así rematamos o mes de outubro, que despois da gran ponte de Santos, traeranos o largo mes de Novembro.