MURAL ESPECIAL DÍA DA PAZ

No colexio levamos a cabo unha campaña de recollida de tapas e tapóns para axudar a reciclar estes materiais e por iso decidimos facer un gran mural con estes elementos.

O mesmo representa o planeta terra axudado por mans amigas, cada unha feita nas diferentes aulas do colexio.

Pareceunos unha actividade moi especial para o Día da Paz e Non Violencia e puxémoslle de título:

"RESPIREMOS PAZ, RECICLA"