ACTIVIDADE CON FEDEPESCA

Tivemos a visita de Silvia Gil Chumillas, Técnica de Calidade e Seguridade Alimentaria, de FEDEPESCA. Pola mañá, o alumnado de 5º e 6º curso, participou dunha charla informativa con visualización de vídeos e interactuaron facendo preguntas moi interesantes.

Xa pola tarde a charla estivo dirixida ás familias e persoal docente.

A base do proxecto é concienciar ás futuras xeracións da importancia da protección e recuperación da biodiversidade mariña para o consumo futuro de peixe; como podemos conservar os recursos biolóxicos; como o sector e as administracións traballan unidas para a limitación do impacto da pesca e a adaptación da mesma á protección das

especies, todo iso sen deixar para comer peixe, é máis, dando unhas pautas de como se debe consumir este produto, e explicando o marco de control pesqueiro e protección do medio ambiente europeo.