Obxectivos
A educación por competencias pon nun primeiro plano educativo a importancia de que o alumnado acceda de xeito autónomo á información, e que posteriormente, consiga usala en beneficio propio, para o seu enriquecimento como cidadán e como persona.
Nos pensamos que a Biblioteca é un recurso fundamental para que o alumno acade este fin e polo tanto nos plantexamos como obxectivos da formación de usuarios na biblioteca os seguintes:
Coñecer o funcionamento e organización da biblioteca: adquisición de fondos, rexistro, catalogación, ubicación, servicio de préstamo, normas de funcionamento,...
Comprender o funcionamento da CDU como sistema de clasificación universal dos fondos documentais máis xeneralizado en todo o mundo.
Situar os distintos espazos da biblioteca en función do formato dos documentos e da clasificación CDU destes.
Saber buscar e atopar a maior cantidade posible de documentos de temática e formato variado dentro da biblioteca escolar.
Entender as partes de cada documento (libro, revista, dvd, enciclopedia,...) e a distinta información que podemos atopar en cada un deles.
Facer dende buscas de información máis simples a máis complexas dentro dos distintos documentos, usando os índices, glosarios, etc...
Utilizar o visor OPAC do catálogo da nosa biblioteca para acceder de xeito rápido ós documentos de que dispoñemos na biblioteca.
Aprender a buscar información noutros soportes sobre todo os recursos dixitais e máis concretamente internet: buscadores, ...
Ser capaces de seleccionar o documento ou tipo de documento máis axeitado para cada tipo de necesidade: enciclopedia, obra de referencia, internet, ...