Hora de lectura
A "Hora de lectura" implantouse de xeito provisional no curso 2008-9 e asentouse definitivamente no curso 2009-10.
Participan nela todos os grupos da ESO, PCPI e 1º de Bacharelato do Réxime de diurno.
Consiste en adicar cada semán (como mínimo) unha hora de lectura en cada grupo e có profesor que lle corresponda segundo o horario establecido para ese efecto e que se corresponde coa carga horario de cada materioa ó longo do curso.
Os detalles do funcionamento desta actividade xa están explicados noutro apartado deste plan.
Sinalar que todos os alumnos de todos os grupos teñen unha axenda elaborada na biblioteca para que adiquen os derradeiros cinco minutos de cada sesión a reseñar brevemente a lectura realizada.Esta axenda queda na aula e será recollida ó final do curso polo coordenador do Plan Lector para usalo como ferramenta de avaliación da actividade.