O noso Proxecto Lector

Para que necesitamos un Proxecto Lector?
  1. Por lei, nas nosas programacións didácticas (por materia e por nivel) temos que ter programadas actividades deseñadas para conseguir dous obxectivos básicos que comporán o chamado Proxecto Lector, por unha banda crear no alumnado hábitos de lectura e por outro lado debemos ser tamén capaces de crear lectores competentes.
  2. O alumnado cada vez le menos e peor. Temos que darnos conta de que a lectura, e sobre todo a lectura comprensiva, é unha destreza que cada vez lles presenta máis dificultades ó noso alumnado (informes PISA), e polo tanto temos que contribuír a desenvolver esta habilidade.
  3. Porque sen dúbida, a mellora (no posible), desta destreza redundará nunha mellor preparación do alumnado para desenvolverse na práctica educativa e polo tanto facilitará o noso traballo.