Para a avaliación das aprendizaxes desta unidade didácticautilizaranse dous procedementos:
1.- Observación directa do traballo do alumando na aula.
2.- Valoración dos traballos realizados.
En vermello, indícase o procedemento de avaliación en cada actividade.
Bloque 1: Comunicación oral. Escoitar e falar.
1.1.- Comprensión de textos orais.
-Comprensión dun texto oral. Ruta urbana en Pontevedra
Avaliado no aptdo. 1.2.
1.2.- Produción de textos orais.
Elaboración dun vídeo de pouca duración, narrativo, do mesmo estilo que o exemplo dado, sobre unha ruta de lecer, un actividade cotiá, un lugar determinado, etc
AVALIACIÓN.-Valoración dos traballos publicados no blog. O enlace para acceder enviarase por correo electrónico a cada grupo.
Bloque 2: Comunicación escrita. Ler e escribir.
2.1.- Comprensión de textos escritos.
1.- Lectura do texto e comprensión.
A libraría que non cobra polos libros
2.- Comprensión do contido.
a) Expresar o tema nuha soa frase.
b) Cales son as ideas principais neste texto?
c) Porque esta librería non cobra?
d) Por que afirma Alejandro León que quere que a xente “non se reprima e non lle dea vergoña”
e) Como podemos colaborar os lectores?
f ) Cal é a intención do promotor desta idea?
Posta en común na clase.
AVALIACIÓN.- Observación directa do alumnado na posta en común na aula e/ou valoración dos textos presentados.
2.2.- Produción de textos escritos.
Elaboración dun texto narrativo sobre a biografía de Rosalía de Castro. Aquí.
3.- Funcionamento da lingua.
Sesión 4.- (Aula Abalar).
Na Aula Virtual da Editorial Galaxia:
Consultar esquema sobre tipos e estrutura das frases.
Realizar as dúas actividades do apartado "Funcionamento da lingua"
Ler o relativos á frase en Unidades sintácticas e funcións. Facer algunha das análises propostas.
Consultar tipos de frases en A sintaxe.
Analizar sintacticamente as frases dalgunhas das seguintes oracións: Análise sintáctica.
Despois de facerlas, revisamos a análise en: Corrixir análise.
AVALIACIÓN.- Observación directa do traballo do alumando na aula.
4.- Lingua e sociedade.
Sesión 5.- (Aula Abalar).
A sociolingüística. Conceptos básicos.
Comprender o concepto de sociolingüística. Ver Galipedia.
*Comprender e distinguir bilingüismo e diglosia. Ver Bilinguismo e diglosia, ou Bilinguismo/diglosia, ou tamén Bilingüismo vs. Diglosia.
*Comprender e distinguir normalización e normativización. Ver normalización vs. normativización, no apartado de Sociolingüística.
*Distinguir entre lingua minoritaria, minorizada e maioritaria. Ver Linguas minorizadas e minoritarias. O galego. e tamén Xuletas.es
Elaborar un esquema sobre sociolingüística no que se recollan os conceptos traballados.
AVALIACIÓN.-
Observación directa do traballo do alumando na aula.
Valoración dos esquemas realizados.
5.- Literatura.
Sesións 6, 7 e 8.- (Aula de informática).
O Rexurdimento na literatura galega.
Traballo colaborativo de investigación e análise sobre a obra de Rosalía de Castro. Aquí.
AVALIACIÓN.-
Observación directa do traballo do alumando na aula
Valoración das contribucións individuais á biografía da autora.
Valoración dos traballos realizados, segundo as rúbricas facilitadas ao alumnado: