Perfil

Fotografía: Peter Schneider.

Mónica Trastoy, é unha artista visual de Vilalba (Lugo). Actualmente desenvolve os seus proxectos entre dúas cidades, Barcelona e Lugo.

Nos últimos dez anos realizou unha investigación en torno aos elementos estruturais da pintura nun intento de elaborar obras que trascenden as fronteiras tradicionais do cadro, expandéndose no entorno no que é ubicado. Deste xeito  a parede convértese nun gran lenzo no que sitúa diferentes medios e formatos para aproveitar as características específicas do espazo. A "pintura expandida" fai ao espectador ollar a parede e participar activamente na obra establecendo  percorridos visuais subxetivos.

 Dende finais de 2011 desenvolve dous  proxectos ao mesmo tempo:

-Debuxos: É una liña de investigación na que explora diferentes tipos de papel e cartón pluma, para realizar obras sen utilizar os elementos do debuxo tradicional. Aproveita as diversas cualidades do material "debuxando" con diferentes procedementos e técnicas que amplian o concepto do que se entiende por debuxo.

-Luz: Nesta segunda proposta utiliza luces LED para crear pinturas en diálogo co espazo a través dos diferentes tipos de gradación de tons que permiten xerar unha prolongación  da obra fora do seu propio marco, facendo posible ao  mesmo tempo a visualización de imaxes sutís que escoan a través da iluminación.

 

Neste reduccionismo de elementos emprega os elementos tradicionais de soporte e estrutura, como protagonistas da imaxe, facendo unha revisión das formas xeométricas elementais, onde las construccións se elaboran con elementos básicos: puntos, liñas curvas que resaltan os bordos interiores,  e marxes.