Maruja Mallo protagoniza o
Día das Artes Galegas 2017
A Real Academia Galega de Belas Artes instituíu o
1 de abril como Día das Artes Galegas
O pleno da Real Academia Galega de Belas Artes escolleu a Maruxa Mallo como a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017, que durante este 2016 estivo dedicado a Castelao.
A figura de Maruja Mallo é unha das personalidades clásicas das artes vinculadas á modernidade. Forma parte da mesma xeración que Dalí, Lorca, Zambrano e Alberti.
Maruja Mallo destacou pola súa aproximación ao surrealismo, a partir de 1932.