BIOGRAFÍA

CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS. Celeiro-Viveiro LUGO

  • A partir de 1933, Maruja Mallo comprometida coa República, dedicouse a ensinar debuxo e cerámica no madrileño Instituto de Arévalo. Un ano máis tarde, estudou matemáticas e xeometría a fin de aplicalos na súa obra, principalmente na cerámica. Nesa mesma época participou en programas educativos e nas Misións Pedagóxicas.

  • De 1936 data o seu período "construtivo", durante o cal pintou elementos naturais como froitas, minerais, fósiles, e expuxo cos pintores surrealistas (entre eles Remedios Varo) en Londres e Barcelona.

  • Nese mesmo ano, a Guerra Civil Española sorpréndea en Galicia, onde permanece uns meses, de alí, fuxiu a Portugal. Toda a súa obra cerámica desta época é destruída na Guerra. Pouco tempo despois, a súa amiga Gabriela Mistral, embaixadora de Chile, axudouna a trasladarse a Buenos Aires, onde seguiu pintando, dando clases e cultivando amizades. Coñece a Pablo Neruda quen lle presentou a Miguel Hernández, co que a uniu unha sólida amizade.

  • En Arxentina recibe un rápido recoñecemento, colabora na famosa revista de vangarda "Sur", na que tamén participaba Borges. É unha etapa da súa vida na que se dedica a viaxar, vive entre Uruguai e Buenos Aires, e a deseñar, pintar, en definitiva a crear e crear. Tamén se suceden as exposicións, París, Brasil e Nova York.

  • Aos trinta e sete anos publicou o libro O popular na plástica española a través da miña obra (1939), e empezou a pintar especialmente retratos de mulleres, cuxo estilo é precursor da arte pop estadounidense.

  • Esta nova etapa, á que os expertos chamaron "cósmica", dedícase a recrear a natureza sudamericana. Entre as obras máis importantes deste período destacan: Agol (1969), Geonauta (1975) e Selvatro (1979).

  • En canto se instaura o peronismo en Arxentina, Maruja deixa o país e trasládase a Nova York, para regresar a España en 1965, tras vinte e cinco anos de exilio.

  • A que foi unha das grandes figuras do surrealismo de pre guerra é case unha descoñecida na súa terra. Pero non lle importa, instálase na rúa Núñez Balboa de Madrid, e case como un símbolo debuxa de novo a portada da "Revista de Occidente".

  • En 1979, comeza a súa última etapa pictórica cos Moradores do baleiro, tiña xa setenta e sete anos, pero aínda conserva esa frescura e vitalidade que a acompañarán durante toda a súa vida.

  • En 1982 recibe a Medalla de Ouro de Bellas Artes concedida polo Ministerio de Cultura. En 1990 recibe a Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid e en 1991 a Medalla de Ouro da Xunta de Galicia.

  • A pesar de todo, Maruja Mallo non é unha pintora suficientemente lembrada e recoñecida como unha artista que creou un estilo propio, e influíu na pintura actual e de vangarda. O 6 de febreiro de 1995, morreu aos noventa e tres anos en Madrid.

Naceu en Viveiro, Lugo o 5 de xaneiro de 1902. Foi a cuarta filla do matrimonio formado por María do Pilar González e Xusto Gómez Mallo. Ao pouco tempo trasladáronse a Avilés, onde comeza a copiar as ilustracións que aparecían nas revistas da época.

  • Con vinte anos inscríbese, xunto co seu irmán Cristino, na Escola de Belas Artes da Academia de San Fernando, onde estudou ata 1926.

En Madrid pronto se relacionou con novos escritores e pintores como María Zambrano, Concha Meléndez, Salvador Dalí, Federico García Lorca ou Alberti, co que mantén unha relación ata que este coñece a Teresa León.

  • Na década dos anos 20, Maruja traballou na gaceta literaria, onde tivo unha moi mala relación co seu director. Lonxe de desalentala, seguiu buscando traballo como debuxante en revistas e diarios. Ilustrou varios números do almanaque literario, Revista de Occidente e Revista de avance, entre outros, ademais de realizar portadas de varios libros.

  • En 1928 expón por primeira vez nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban poboados cheos de sol, toureiros e Manolas, así como estampas coloreadas de, maquinaria, deportes e cinema de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruja fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.

  • Pouco despois, participou na Exposición de Arquitectura e Pintura Moderna, celebrada en San Sebastián; en 1930 ilustrou xunto con Dalí e Ángeles Santos artigos para O Robinson. Un ano máis tarde fíxose merecedora dunha bolsa para ir a París a ampliar os seus estudos, e foi aí onde Maruja se iniciou na súa etapa surrealista. Coñeceu a André Breton, Paul Elúard, René Magritte, entre outros representantes desta corrente. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantallo, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo. Esta obra pertencía a unha serie de pinturas tituladas Cloacas e Campanarios. A pintura desta etapa é desgarradora e tremendista, actitude que foi suavizando co paso do tempo.

  • Regresou a Madrid e participou activamente na Sociedade de Artistas Ibéricos. Para entón adquirira tal notoriedade que o goberno francés comprou un dos seus cadros para expoñelo no Museo Nacional de Arte Moderna.