Benvid@s á AULA VIRTUAL DA AULA DE MÚSICA
Profesora: Marta Pérez Lage
A través desta páxina vou achegar ás familias diferentes tarefas para que podan ir traballando na casa ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19.
Para acceder debemos clicar na marxe dereita da páxina no curso que desexemos traballar.
Esta é unha recopilación de actividades para usar durante os días sen clase que a situación actual nos impón.
Non están previstas para seren feitas nunha orde determinada, excepto cando así se indique, e fundamentalmente trátase de traballo de repaso.
Considerádeas como unha axuda para poderdes pasar este tempo da mellor maneira posible.
É aconsellable que marquedes algún tipo de rutina de traballo con elas, xa que isto axuda a facer máis soportable este tempo para nenos e nenas
Nela atoparedes moitos consellos para ir traballando nestes días de "quedada na casa"
Son propostas de traballo non obrigatorio, pero si as queredes ir mirando sería xenial!
Para os que teñades as frautas na clase, non pasa nada, podemos facer o mesmo cun boli, cun pequeno pau ou calquera outra cousa que se vos ocurra.
Así podemos practicar igualmente as colocacións dos dedos e as respiracións.
QUE É O COVID-19