Ola nenas e nenos!
Xa estaremos no mes das Letras Galegas (domingo 17 de maio).
Como ben recordaredes nesta data sempre facemos un festival onde homenaxeamos ao autor (este ano é Ricardo Carvhalo Calero)
e tamén cantamos o HIMNO GALEGO
Pois propóñovos un reto:
"Cantar virtualmente todos xuntos o Himno"
neste enlace tedes máis información sobre o himno
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Como o imos facer?
Primeiramente tedes que aprender ben a canción: o fraseado da letra, a entoación, o ritmo...
Non teñades présa, un pouquiño cada día.
Unha vez que xa estades preparados pedides axuda para que vos graven en vídeo (***móvil en horizontal***)
Tedes que poñer o AUDIO cantado por min (tedes que perdoar a falta de calidade pois na casa non teño máis medios técnicos), "enchufades os cascos para escoitar a música", esperades a introdución e empezades a cantar: xa sabedes non é necesario facelo en ton forte.
Se vos gusta o resultado enviádesme o vídeo a este teléfono ou correo:
629758356
bibliotecaceleiro@gmail.com
Tedes de tempo ata o martes 12 de maio, ás 14:00 horas.
Cos vídeos que me enviedes farei unha edición especial onde apareceredes tod@s @s que vos animedes a participar.