3º Trimestre

- OBRADOIROS 3º TRIMESTRE

No 3º trimestre, continuamos desenvolvendo os 7 obradoiros que iniciamos no 2º trimestre, ata que todas as quendas pasen por todos os obradoiros ofertados.

Manteremos dúas sesións de cada obradoiro por grupo. Os obradoiros a desenvolver entre abril e xuño serán:

- Ciencia divertida

- Cociña

- Espazo de creación e impresión 3D

- Etiquetado e nutrición

- Horta

- Investigación e tratamento da información

- Stop Motion

- RADIO BBS: PROFESIÓNS E ALIMENTACIÓN

As aulas de 2º, 3º e 4º remataron o PDI deste curso coa gravación dun programa de radio sobre as profesións relacionadas coa alimentación. O proxecto partiu da recollida de datos nas familias do alumnado dos tres cursos e o traballo sobre sectores económicos. O baleirado das enquisas permitiu levar a cabo traballo da área de matemáticas (gráficas, cálculo, problemas sinxelos...). Posteriormente cada curso elaborou o guión dunha das seccións do programa, coincidindo cun dos sectores económicos traballados. Elaboráronse tamén cuñas publicitarias sobre concellos de alimentación e vida saúdable.

Gravando 1

Gravando 2

Programa: Profesións e alimentación