No
curso 2018-2019 o tema do PDI promovido desde a biblioteca escolar
será A ALIMENTACIÓN E O ECOLOXISMO.
Alimentación, consumo
responsable e ecoloxismo serán o fío condutor do traballo
documental, as actividades de animación á lectura e as actividades
de formación de usuarios/as que se leven a cabo no colexio ao longo
do curso. Mantemos igualmente o cine, traballado o curso anterior,
como un dos recursos fundamentais a potenciar na busca e tratamento da
información.
QUE
É UN PDI?
PDI:
Traballos de
investigación cos que alumnado afonda nun tema concreto ao tempo que
se familiariza e/ou pon en práctica estratexias de busca de
información e traballo documental, usando os recursos ofertados pola
biblioteca escolar.Un
PDI é un Proxecto porque persegue un fin. Temos un
plan para aprender algo sobre un determinado tema no que,
procuraremos que se reúnan varias materias. Esa aprendizaxe é
significativa, o alumnado participa activamente, é o protagonista do
proceso.
Un
PDI é Documental porque ten tres fases:1.
Recollida de información (documentación)2.
Tratamento da información recollida (análise e reflexión)3.
Produción (produto, obra final)
Un
PDI é Integrado porque implica coñecementos e
contidos de diversas áreas de coñecemento, así como o uso de
materiais diversos, de ficción, de non ficción, escritos,
audiovisuais, orais... Poñemos o acento nos procedementos pero tendo
moi presentes os contidos.
Desde
a BBS propoñemos:
1.
Usar a alimentación e o ecoloxismo como temáticas que nos
permitan investigar, reelaborar información e crear producións
propias en diferentes formatos: receitas, pratos de cociña,
dramatizacións, murais, contos, xogos de rol, programas de radio,
montaxes audiovisuais...
Este
curso optamos por traballar o PDI por medio de obradoiros de creación
e manipulación nos que o alumnado participará en grupos interniveis
de 1º a 6º de Primaria. Adicaremos dúas sesións semanais entre
outubro e xuño ao desenvolvemento dos obradoiros. Cada trimestre
ofertaremos un mínimo de catro obradoiros, coordinados por dous
mestres. O alumnado participará en cada obradoiro durante dúas
sesións.
2. A
maiores do tempo semanal adicado conxuntamente ao PDI, cada curso
poderá levar a cabo investigacións e tarefas relacionadas co tema
do PDI e buscaremos que as celebracións e conmemoracións do centro
teñan como fío condutor a alimentación, o consumo responsable a o
ecoloxismo. O obxectivo é que todo o traballo que se leve a cabo
conxuntamente e en cada grupo sexa sempre curricular e avaliable.
|
|