Viños ourensáns

Viño branco e viño tinto de colleiteiro. Viño xoven procedente das distintas variedades de uva. Sabor lixeiro e afrutado.

Grao alcohólico: 9.5% Vol. Sírvese en cunca típica de porcelana branca a temperatura ambiente. O viño consérvase nos barrís tradicionais de madeira.

D.O.: RIBEIRO

CANGALLO

Viño branco xoven procedente das distintas variedades de uva (Xerez 60%, Torrontes 40%) cultivadas na zona vitivinícola con D.O. Ribeiro.

De cor amarelo pajizo, limpo e brillante, ten un aroma de intensidade media. Ao probalo resulta equilibrado, fresco, lixeiro suave e saboroso.

Proceso de elaboración: Prensado en prensa neumática, desfangado e fermentado en depósitos de aceiro con fermentación controlada.

Grao alcohólico: 10.5 % Vol. Temperatura de servizo: 8ºC.

D.O.: RIBEIRO

CESARES IMPERIUM

Botella de 75 cl; viño branco mozo procedente exclusivamente da variedade de uva autóctona TREIXADURA cultivada nesta zona vitivinícola.

De cor amarela pajizo, con reflexos verdosos, brillante e luminoso. Viño fresco de aroma intenso e en boca é saboroso, afrutado e pleno de

elegancia e agradable ao padal.

Grao alcoholico: 11% Vol. Temperatura de servizo: 8 ºC.

D.O.: RIBEIRO

VIÑA COSTEIRA

A Uva: Equilibrada combinación das variedades Treixadura, Torrontés, Godello, Loureira, Albariño. Seleccionadas dos mellores viñedos do Ribeiro, en particular das ladeiras dos vales do Avia e o Miño.

Amarelo palloso brillante con reflexos verdosos. Aroma de intensiidade media-alta, moi fino e elegante, con notas de froita tropical e herba fresca.

Boca moi equilibrada, saboroso e fresco, formando un conxunto pracenteiro e harmonioso.

Adecuado para acompañar toda clase de peixes e mariscos, crustáceos e moluscos. excelente compañeiro dos queixos tradicionais galegos.

Grao alcoholico: 11% Vol. Temperatura de servizo 8ºC.

Verdes Castros

Monovarietal Mencía

Elaboración: Estrujado e despalillado. Fermentación a baixa temperatura para evitar a evaporación dos aromas. Maceración de 8 a 10 días.

Trasego ao final da fermentación.

Filtración: Unha vez acabada a fermentación, o viño faise pasar a través dunhas placas de celulosa que reteñen os turbios conseguindo a característica brillantez.

Grao Alcohólico: 12% Vol. Temperatura de consumo 14ºC.

D.O.: VALDEORRAS

D.O.: RIBEIRA SACRA

PAZO DE BEXÁN

Monovarietal Mencía

Cata: Vermello rubí con ribetes violáceos fortemente marcado, limpo, brillante, cunha densidade boa resultando bastante untuoso. Móstrase glicérico, apreciándose esas bágoas grosas e lentas.

Apreciamos rapidamente as froitas frescas como as froitas do bosque. O que máis resalta de viño é o aroma a flores silvestres, atopando margaridas, algo de tomiño e sobre todo cheiros a bosque atlántico.

No retro nasal márcanse máis as froitas de bosque, sobre todo as mouras e os arándanos. O paso por boca é suave, deixando un bo retrogusto persistencia moderada.

Grao Alcohólico: 13% Vol. Temperatura de consumo 14ºC.