Benvid@

O Bar Orense é unha empresa familiar, os seus propietarios son orixinais da bisbarra do Ribeiro (Ribadavia-Ourense) con gran tradición no cultivo da vide, produción de viño e licores caseiros. Dende que se estableceu o negocio familiar para comercializar o viño e licores caseiros dos colleiteiros do Ribeiro en Santiago de Compostela en maio do ano 1964, xa pasaron máis de 50 anos atendendo a tres xeracións de composteláns, pelegríns e turistas.

Á fronte do negocio, Juan e Manola durante todos estes anos fixeron do lugar de traballo a súa propia casa e dos seus clientes a súa familia, de aí que sexan considerados cómo propios tamén polos seus clientes. Actualmente Jorge, o seu fillo, segue coa tradición e despois de tantos anos de servizo pódese comprobar que os clientes o seguen a agradecer coas súas continuas visitas.

Onde estamos

Os nosos amigos

Unha tradición

¡O espadeiro! ¡Acios mouros, cepas tortas,

follas verdes, douradas e vermellas,

gala nas terras vivas de Castrelo…

¡Como canta ó caír nas brancas cuncas

desde as pintadas e bicudas xerras!

¡Como latexa e brilla ó coroalas!

¡E como loce e ri cando as adreza,

asemellando fíos de rubises,

cun rosario de escumas sanguiñentas!

Cando nas mornas tardes de romaxe

vai na alombada pipa taberneira

ó souto que se estende ó pé da ermida

onde as campanas repinican ledas.

De Ramón Cabanillas

(Da terra asoballada, 1917)

Unha dedicatoria