Inventamos noticias de PAZ, solidariedade... relacionadas cos países que eliximos para o proxecto : India e Xapón.
Podedes lelas no noso blogue de aula: O souto dos Laretas:
Unha familia de acollida para Naitsirc, por Cristian Masid
Escravitude infantil, por Adrián MAsid
Partido pola PAZ, por Fermín Cruz
A paz chega a todo o mundo, por Jesica Ribeiro
A lesión que cambiou a súa vida, por Brayan Calviño
Anímaste a taponear? por Lorena Seara
Chega a Moreiras unha nena da India, por Alejandro Gómez
Esta é a nosa versión da canción de Mamá Cabra, para cantar o día da Paz a ritmo de latucada. Reescribímola adaptada ao noso proxecto:
A Volta ao Mundo con Efrén.
Cada clase representa a un país:
EI 3 anos – España 1º EP – Alemaña
EI 4 anos – Francia 2º EP – Australia
EI 5 anos – Exipto 3º e 4º EP – Brasil
5º EP – India
6ºEP – Xapón
Así pois na canción aparecen estes países e o seu saúdo.
O MUNDO É GRANDE
1 – O mundo é grande como saberás
e somos tantos quen nos contará?
cen mil maneiras de falar,
4- O mundo é grande xa cho dixen xa
cen mil maneiras de cantar.
e ser distintos e “diversidá”
Dende Xapón ata Brasil
distintas razas ti verás.
5- O mundo é grande, Ti mesmo o verás
ser diferentes non é “casualidá”
distinto pelo, distinta cor
os mesmos soños, mesmo amor.
6- O mundo é grande como saberás
Moitos países para visitar
Australia, Francia e Portugal,
Exipto, España e moitos máis.
2- E neste mundo o mesmo Sol
Danos a vida, e danos calor
os ventos sopran sen parar
sexas da India ou Alemán.
3- E na túa lingua falarás Hello, bonjour, guten tag
Hola, Salaam, namaste, boas e konichi wa
Investigamos se os nenos e nenas que viven na India disfrutan dos mesmos dereitos que temos nós.
Para iso, fomos comparando cada un dos Dereitos dos nenos coa situación nese país:
Cada clase pintou a bandeira do país elixido.
Cada clase demostrou os coñecementos de cultura xeral referidos ao outro país.
Nas clases elaboramos unha batería de preguntas con respostas curtas (de 1 ou 2 palabras) sobre cadanseu país.
Sobre un tatami, cada grupo tiña que formar a resposta con letras maiúsculas, empregando só o corpo e en sentido horizontal (no chan).
A India responde ...
E agora, os de Xapón ...
Na clase de música escribimos a letra para a canción do entroido.
Tomamos prestada a música da canción "Viaje con nosotros" de a Orquesta Mondragón e escribimos a letra tomando como referencia os paises do mundo que elixiu cada clase.
Podedes lela e escoitala no blogue de aula "O Souto dos Laretas"